sábado, 14 de febrero de 2026

FESTA DO ENTROIDO

Onte, 13 de febreiro, tivemos a festa do Entroido.

Vimos disfrazados das estacións, trasnos e animais do bosque…




E fixemos moitas cousas durante a mañá...

Veu Matrácala, que veu para realizar co noso alumnado un taller de instrumentos de percusión realizados con materiais reciclados.

Realizamos xogos moi divertidos.


Para repoñer forzas, merendamos riquísimos doces típicos do Entroido que trouxeron as familias.


Puidemos realizar un pequeno desfile pola rúa un ratiño que non choveu, e para rematar bailamos todos xuntos

QUE BEN O PASAMOS!!

jueves, 12 de febrero de 2026

ANTEFACES

Esta semana @s nen@s de Sisán levaron para casa un anteface que fixeron reutilizando pratos de cartón e pauciños de madeira.



Temos que dar as grazas á mestra Olalla por axudarnos a realizar todas estas manualidades.

QUE BONITAS QUEDARON!!

CONTAMOS SÍLABA

Esta semana, estivemos contando cantas sílabas teñen algunhas palabras.

E tamén sinalamos en cal soaba a letra “s”. 

VIMOS DISFRAZADOS

E hoxe o Meco di: ”Elixe o teu disfraz e todos a bailar”.




Mañá xa temos á festa de Entroido e acaban as ordes!!


BONECO DE NEVE

Como estamos no inverno, a receita que escribimos antes das vacacións de Entroido é...

miércoles, 11 de febrero de 2026

CONVIVENCIA DE ENTROIDO

Hoxe reunímonos mestras e nen@s en Leiro para facer moitas actividades.

Desfilamos disfrazados e bailamos, xa que hoxe a orde do Meco dicía que tiñamos que traer un complemento de Entroido.


Despois @s alumn@s das escolas foron rotando por tres talleres:

- Xogos coa mestra Malú


- Disfraces 

- Pintar máscaras

Con tantas actividades, merendamos para repoñer forzas e a continuación xogamos un pouco.


Para rematar recibimos a visita de Bea e Ali de “Inventi Teatro”, que viñeron grazas ao circuito de apoio á programación de artes escénicas en galego da Diputación de Pontevedra.

Que ben o pasamos cos seus contos musicados!!

Ali, ensinounos, e tamén puidemos tocar un instrumento, un instrumento moi curioso que se chama Thomann Tongue. Trátase dun tambor de percusión fabricado con aceiro, que ten forma de disco ou prato voante e produce sons suaves e relaxantes.  

martes, 10 de febrero de 2026