Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA VOLUNTARIADO MIÚDO MÓVETE. Curso 2017-18. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA VOLUNTARIADO MIÚDO MÓVETE. Curso 2017-18. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de abril de 2018

Voluntariado Miúdo

















Este curso formamos parte do PLAN PROXECTA. VOLUNTARIADO MIÚDO: MÓVETE.
E o xoves 19 de Abril tivemos a visita dunha voluntaria da Protectora de Cambados, para concienciarnos dos coidados que requiren as mascotas, e dos beneficios que nos aportan, e dende o centro colaboramos traendo moitas cousas, para os animais, productos de limpeza, pienso, barreños, champú, e loción para a súa hixiene, e tamén obexctos para un mercadiño que celebra a protectora.

martes, 17 de abril de 2018

Lúa a mascota de Uxía e Nerea










Hoxe na nosa aula tivemos unha visita moi especial, a mascota de Uxía e Nerea, unha cadeliña moi boa e cariñosa, que se chama LÚA, e un pouco asustadiza cos barullos, nos explicaron que atoparon abandonada no monte, e decidiron adoptala para darlle os coidados e vacunas que precisa, e ser responsables de todo que precise. Moitas grazas a  Uxía e Nerea pola vosa acción como colaboradoras de voluntariado das mascotas abandonadas.

lunes, 18 de diciembre de 2017

Recollida de xoguetes


A escola de Sisán tamén colabora coa FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA, na campaña de recollida de xoguetes, para que neste  Nadal ningún meniño se  quede sen agasallo.

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Día Internacional Do Voluntariado









Os Bolechas animaron a centos de nenas e nenos a axudar aos demáis no " DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO ", os escolares das 4 provincias galegas xuntáronse na CIDADE DA CULTURA, para compartir as ensinanzas de Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa.
No CRA participamos tamén con varias actividades solidarias, " RECOLLEMOS TAPÓNS ", RECOLLEMOS ROUPA PARA UNHA ONG " e este curso temos en marcha un punto de " DE RECOLLIDA DE XOGUETES ", dentro do plan proxecta voluntariado miúdo da Consellería.
Para concienciarnos desde pequenos para ser solidarios .

lunes, 27 de noviembre de 2017

Perros

Na hora de ler, estes días estamos cun  libro das mascotas, que nos apasiona e sorprende.
Durante este curso imos participar en distintas modalidades do PLAN PROXECTA da Consellería de Educación.
1--- ALIMÉNTATE BÉN.
2--- VOLUNTARIADO MIÚDO. MÓVETE.