Segundo
as Nacións Unidas, defínense como a variedade de plantas, animais e
microorganismos existentes dentro de cada especie. Como a variedade de cultivos
e razas de ANIMAIS, e de ecosistemas ( lagos, bosques, desertos, campos
agrarios...).
Debemos
respectar o MEDIO AMBIENTE, xa que o ser humano é o principal causante da
contaminación, da masiva explotación da caza e o cambio climático. Estos, son algúns
exemplos desta perda de biodiversidade.
Recordade
que sempre podemos facer algo, como consumir menos plástico , mercar produtos
que non danen o medio ambiente, sumarse ao comercio de proximidade.
Hai
un montón de cousas que poden cambiar a túa vida e a da nosa madre terra...
QUE PODEMOS FACER PARA SER
RESPETUOSOS CO NOSO PLANETA?
Nesta
obra de Joan Miró destaca a cor azul que domina o cadro, e séguenlle os puntos ata chegar a unha liña vermella ao
lado esquerdo colocada en vertical...
Esta
pintura tamén se coñece como "BLEU II"
É un
tríptico creado en 1961, que forman un conxunto de pinturas de óleo en 3
partes. Coa presenza dominante do AZÚL que evoca o sentimento que produce o MAR
MEDITERRÁNEO, mentres que os elementos negros e vermellos representan unha
constelación, o sol, a lúa e as estrelas....que tanto lle gustan ao artista O
UNIVERSO DE J. MIRÓ…
Esta
semana conmemórase o "DÍA
DAS LETRAS GALEGAS" e o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
Este escritor, naceu en 1910 en Ferrol e, cando era pequeno pasaba o verán na
casa da aldea onde había unhas pitas moi bonitas, e un galo con plumas brillantes
e longas....
No
relato “As pitas baixo a choiva” nárranos
este feito anecdótico que lle aconteceu na súa infancia, no que descobre desde
a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó
galiñeiro… elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban
mollados como pitos.
Brais
tamén ten unha pita que tivo pitiños, e gústalle moito coidar deles. Trátase dunha
experiencia moi bonita… mirar cada día como se alimentan e a peculiar maneira
que teñen de beber…
Mandounos o seu
autorretrato, imitando como o faría JOAN MIRÓ...
Tamén realizou a reprodución
do cadro " EL ORO DEL AZUR ".
Trátase
dunha obra de cores fortes, onde ser dan todos os elementos que caracterizaron
a etapa máis vangardista e surrealista do pintor, que sempre formaron parte das
súas obras como son as estrelas, o sol, a lúa, a muller e o home, e o voo dun
paxaro que atravesa de dereita a esquerda a pintura…, todo sobre un fondo amarelo onde resalta o azul.
Este
ano, tamén imos conmemorar o "DÍA
DAS LETRAS GALEGAS". Farémolo entre todos os nenos e nenas xunto coas
familias e o profesorado do C.R.A, pero
dun xeito virtual.....
Queremos
elaborar un vídeo musical có poema de ROSALÍA
DE CASTRO.
ADIÓS
RÍOS, ADIÓS FONTES
ADIÓS REGATOS
PEQUENOS ...
A música
que utilizaremos de fondo será a versión que fixo Astarot.
Podedes gravalo segundo a vosa creatividade: cantando, bailando en familia, etc.
Non podedes excedervos dun minuto, e tedes de prazo ata o xoves 14 de maio.
Hai que enviarllo á profe LUPE de Música ao correo electrónico:
Para rematar a semana, imos xogar a escribir o noso nome e apelidos.
Pero para complicalo un pouquiño, intentaremos reproducir as letras como Joan Miró.
Cando aprendemos a ler, as letras, as palabras e as figuras forman parte dun marabilloso UNIVERSO aberto e libre de prexuízos, como tamén é o mundo dos nenos.
O abecedario Miró introdúcenos, a través dunha linguaxe artística, neste estimulante aprendizaxe da lectura.
Despois de crear o nome e apelidos, podemos intentar facer o noso autorretrato.
Nesta
pintura tanto as cores como as formas, que utiliza na maioría das súas obras,
son moi rechamantes porque conectan cos máis pequenos fomentando o interese
polo arte.
O
que representa é unha figura con estrelas, liñas e círculos en negro.
Na asemblea
cando preguntábamos, ¿que ves no cadro? un neno dixo unha xoaniña, outros
dous un marciano, unha nena un paxaro.....en familia podedes comentar que vos
suxire a obra.
Seguen
chegando as propostas do noso pintor que empezamos a traballar en marzo.
Mario
pintóu " EL COMIENZO DEL DÍA" utilizando
principalmente as 3 cores primarias (vermello, amarelo e azúl), e tamén unha
secundaria que é o verde.
Este
cadro expresa un entusiasmo pola vida, cheo de enerxía e alegría.
Reábrese
o Proceso de Admisión para o
novo alumnado.
Aquí
tedes o calendario.
Para
recoller ou entregar os papeis de solicitude
de admisión: Luns 11, mércores 13, venres 15 e luns
18 en horario de 9:00h. a 12:00h.
As listas provisionaisde admitidos estarán antes
do 9 de xuño.
As listas definitivasde admitidos antes do 26 de xuño.
Se
queredes saber se estades admitidos nas listas provisionais e definitivas,
tedes que chamar ao teléfono do C.R.A de Ribadumia que poñemos ao final desta
entrada.
O prazo de matrícula será
do 1 ao 10 de xullo.
Nos
próximos días publicaremos, un documento con instrucións de cómo
cubrir os papeis de admisión de alumnos.
Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono da sede do C.R.A de Ribadumia:
Ahora co bo tempo xa podemos saír a dar paseos polo campo, e como estamos no mes de maio, e este ano non puidemos celebrar no cole a festa dos maios, apañamos as frores silvestres que xa cubriron as leiras , para facer o noso maio particular.
Tamén atopou un trébol de 4 follas, caramba ese é moi dificil de atopar.
¿ SABEDES QUE TEN UN SIGNIFICADO O TRÉBOL DE 4 FOLLAS?
Cada folla representa un dos 4 componentes básicos da FELICIDADE.
que son " ESPERANZA ", " FE ", " AMOR " e por último se asocia a " SORTE".
Sabedes
que JOAN MIRÓ ten un cadro que se titula "O PEIXE CANTANDO"?. Pois
a Izan chamoulle moito a atención, porque esta pintura ten moitas cores e
formas. El di que o cadro ten un peixe e que canta.
Penso
que esta pintura, ten o poder de facer que as persoas que a contemplan estean
felices, xa que mostra unha idea de ledicia e tamén que algo é posible, cando
un peixe canta e baila a vez......
Cos
pinceis e acuarelas, púxose coma un auténtico pintor a elaborar a súa obra.
Foi
un pintor, escultor, gravador e ceramista español, considerado un dos máximos
representantes do surrealismo. Nas súas obras reflectiu o seu interese polo
subconsciente, o “infantil” e a cultura tradicional de Cataluña (xa que naceu
en Barcelona).
Hoxe
propoñemos, primeiro ver o vídeo onde aparecen algunhas das súas pinturas máis
destacadas e que pensedes cales gústanvos máis. E, a continuación, podedes realizar un
debuxo del ou convertervos en pintores e imitar algunha das súas creacións.
Clara nos mandóu unha foto co seu mastín que se chama Tigre, son moi cariñosos e inteligentes, teñen moitas cualidades. Unha das máis importantes é que son os mellores guardiá
ns que podamos ter con nós nas nosas casas.