Este
venres, 12 de xuño, alumn@s e mestras de todas as aulas xuntamos en Leiro para
realizar diversas actividades.
Primeiramente xogamos (con bloques de madeira, clixo, cociñita, imanix...).
Despois
viñeron Susi e Andrés de GOTAS (asociación pola diversidade social de
Ribadumia) para contarnos a historia dun polo chamado Pío ( “familia significa
familia” de Melissa Marr). Nel, o protagonista, nota que no primeiro día de
escola aos seus amigos os acompañan a súa mamá e o seu papá. Pero el viven con
dúas mamás, o que fai que a súa situación sexa diferente á doutros animais.
Pero vai observar que as familias varían, algúns viven con un só papá, outros
cos seus irmáns maiores… Por iso, dáse de conta de que cada familia é única, e
que el está moi contento coa súa.
Cada
nen@ fixo debuxou a súa familia.
A
continuación merendamos.
E para
rematar a mañá tivemos…
A
visita do avó de Nico de Ribadumia A, que trouxo unha escavadora para que @s
nen@s puideran subir e tamén probar o casco e chaleco que poñen para traballar con ela.
MOITAS GRAZAS Á MAMÁ E AVÓ DE
NICO!!
Festa
da auga!!. Como facía moito calor @s nos@s alumn@s trouxeron os traxes de baño
e pistolas e demais accesorios para xogar coa auga.
QUE BEN O PASAMOS!!