jueves, 14 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA . RICARDO CARVALHO CALERO

Esta semana conmemórase o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" e o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Este escritor, naceu en 1910 en Ferrol e, cando era pequeno pasaba o verán na casa da aldea onde había unhas pitas moi bonitas, e un galo con plumas brillantes e longas....

No relato “As pitas baixo a choiva” nárranos este feito anecdótico que lle aconteceu na súa infancia, no que descobre desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro… elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.


Brais tamén ten unha pita que tivo pitiños, e gústalle moito coidar deles. Trátase dunha experiencia moi bonita… mirar cada día como se alimentan e a peculiar maneira que teñen de beber…


No hay comentarios:

Publicar un comentario