O venres 21 celebramos A FESTA FIN DE CURSO, no pabillón de Sisán, comenzamos as actividades cos patinetes de 1 en 1 non vale adiantar.
Despois co profe Felipe xogamos todos co paracaídas, arriba- abaixo, e tamén botamos pelotas de espuma no paracaídas e había que movelo para que saíran fora.
Tamén se cambiaban os nenos que estaban un fronte do outro.
Coa profe Ana xogamos o xogo da cadeira, había que xogar dando voltas aos aros mentres soa o pandeiro,e entrar nun cadrado de espuma, e atopar sitio.
E o profe Rafa tiñanos unha sorpresa un castelo inchable que nos encantóu.
E por último fomos coa profe Rocío o xogo dos zancos, era moi divertido pero non había que caer dos zancos dende a saída ata a meta.
E de tanta actividade entrounos a ganas de merendar, que comida máis rica empanada, filloas, patatas,pizzas, biscoitos, tartas, cereixas, todo estaba riquísimo....gracias as familias pola vosa colaboración.
E despois de repoñer forzas voltamos o pabellón para ver as actuacións..
Os nenos da escola de Leiro, fixeron unha representación do LOBO FEROZ.
Os nenos de Ribadumia 3, 4 anos cantaron a canción de CHIM PUM .
Os nenos da escola de Sisán aproveitando que Félix estuvo en Kenia, cantaron JAMBO JAMBO BWANA.
Os nenos de Lois fixeron varias representacións de Cartas de Félix.
Os nenos de Ribadumia 4 ,5 anos representaron a obra de teatro O pastor mentireiro.
E por último a despedida ao profe Rafa, cunha canción e un abrazo moi forte.
! FELICES VACACIÓNS !
No hay comentarios:
Publicar un comentario