miércoles, 14 de octubre de 2015

O GATO BRUNO

 Hoxe no taller de cociña preparamos para merendar o gato da bruxa Brunilda.
Coas tortiñas untamolas de crema de cacao para facer a cara, con moito coidadiño para non rompelas.
 Con dúas uvas verdes fixemos os olliños e o nariz cunha uva vermella.
 E para os bigotes con pauciños de pan e a boca tamén.

 Estaba delicioso este gatiño da bruxa Brunilda, algúns nenos repetiron do riquísimo que estaba.

 Moito disfrutamos coas aventuras da bruxa Brunilda e o seu gatiño.
E na casa tamén podemos facer esta sencilla receta para merendar en familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario