martes, 18 de octubre de 2016

Visita O Porto,O Museo de Salazón e Acuario do Grove.

 O luns con moita ilusión tomamos rumbo o Porto Meloxo do Grove.

Alí os monitores nos explicaron todo referente as técnicas de pesca nas nosas rías, as redes, as nasas....
Un mariñeiro chegado a terra nos ensinou un pulpo acabado de pescar.


 Máis tarde nos diriximos o Museo de Salazón, para ver as antigas fábricas de salgadura, situado en Punta Moreiras.
 Alí observamos donde salgaban as sardiñas e nos explicaron que eran as mulleres quen facía o proceso de salazón.



 Todos estamos dispostos a ir de pesca pola nosa ría.
 Tamén no museo había diferentes coleccións de pesca, e motores mariños.

 Un sinfín de cunchas de navallas, mexilón, ameixa,.....
 E os materiales que se realizaban para mariscar.
 Os antigos motores mariños.


 Tamén había unha exposición das colareiras do Grove.

E para merendar e degustar os alimentos do mar, nos prepararon unha riquísima merenda mariñeira, a base de eses produtos.




 Despois da merenda se sortearon 3 camisetas -" Do sabor da aventura ". e nos obsequiaron a todo@s cunha visera , a continuación nos esperaban no acuario.
 Para ver os diferentes peixes que alí se atopan.
 Pudemos observar a boca dun tiburón, a gran escala.

 As raias nadaban a gran velocidade.

Coa visita o Acuario coñecemos o valor ecolóxico das riquezas naturais das nosas rías, e a importancia de non contaminar o fondo do mar con restos de lixo para que as especies mariñas poidan vivir para conservar a especie, sargo, maragotas, sardiñas,polbos, raias,fanecas, xurelos,moluscos e crustáceos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario