viernes, 15 de noviembre de 2013

Diccionario da Convivencia

A Fundación Meniños, por participar o curso pasado no Dicionario da Convivencia, baseada no Respecto a diversidade, na Igualdade en dereitos e responsabilidades.

                          Diccionario Da Convivencia
 A Fundación Meniños para cada neno do CRA, envióunos un bonito caderno coa portada de Pepe Carreiro autor dos Bolechas.


jueves, 14 de noviembre de 2013

Exposición dos nosos TERU TERU BOZU



Exposición dos nosos Teru Teru Bozu, que fixemos na casa coa axuda dos papás e mamás.

Así de bonitiños nos quedaron na nosa escola .

martes, 12 de noviembre de 2013

TRADICIÓN ORAL

 Os primeiros días de Novembro conmemórase a semana de TRADICIÓN ORAL, tódolos días igual que os anos anteriores, este mes imos dedicar a traballar as cancións, ditos, retahílas e xogos de rifar para botar sortes ou pandas.
 Empezamos con " DOCE  MESES  TEN  O  ANO "....

  A semana pasada o caderno viaxeiro xa comenzóu a súa andaina, para recopilar cada neno o seu dito coa   axuda da familia, grazas pola colaboración.                          
       

viernes, 8 de noviembre de 2013

As carpas de Leiro

 Hoxe puidemos saír o patio de Leiro, grazas a que estos días estivemos cantando a canción de TERU TERU BOZU, e houbo momentos nos que saíu o sol.
 Albert e Adriana foron os primeiros en darlle de comer as carpas, todos lle queríamos dar, pero somentes hai que darlle moi pouquiña cantidade.
 Agora temos que coidar o entorno do estanque entre todos, para que as carpas medren moito como as carpas koi que atopóu Félix en Xapón.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

TERU TERU BOZU

 Hoxe levamos para casa o TERU TERU BOZU.

 Como queremos que pare de chover, para poder saír o patio e o venres disfrutar do xardín en Leiro .
 Todos fixemos o TERU TERU BOZU, que é un boneco de Xapón que se usa como amuleto para que veña o bo tempo.
 É un boneco tradicional xaponés, que se fai con papel ou tela branca, para colgar nas fiestras nos días de choiva.

E o final todos cantamos o bo tempo....TERU  TERU  BOZU.....

martes, 5 de noviembre de 2013

CUMPREANOS DE OUTUBRO

 Xa celebramos os cumpreanos de Elena, María e Alvaro.
 Elena xa cumplíu 5 anos, e axudóu a María que xa ten 4 anos e a Alvaro que cumplíu 3 aniños.
 A preparar unha deliciosa tarta de galletas con chocolate.

 Alvaro quería poñer en fila as galletas pero se lle derretían, pero as cociñeiras estaban ahi para axudalo.
Mirade que tarta tan ben adornada de froita e gominolas.
        !   PARABÉNS PARA TI .....ALVARO......!
       !   PARABÉNS PARA TI.......MARÍA......!
     !   PARABÉNS  PARA TI........ELENA........!
    FELIZZZZZZZZ       CUMPREANOS........
A celebrar o cumpreanos dos nosos compañeiros é unha festa que nos gusta moito.

O DRAGÓN VERDE

Así de bonito nos quedóu os nosos dragóns que rematamos e levamos para a casa.