viernes, 6 de junio de 2014
Convivencia escolar 2014
Onte os nenos-as de 5 anos tivemos unha convivencia no colexio Julia Becerra Malvar, para coñecer o novo centro donde o próximo curso empezarán a primaria, alí nos organizamos en dous grupos para percorrer as instalacións, o comedor, aulas de primaria,biblioteca, pavillón de Educación Física, e despois da merenda fomos a xogar o campo de fútbol e alí nos encontramos cos anteriores compañeiros que nos recibiron cunha aperta moi grande e moi contentos desta visita voltamos as nosas escolas.
jueves, 5 de junio de 2014
Imos de excursión a casa do queixo
O mércores fomos de excursión a casa do queixo, con moita ilusión madrugamos para ir en autobús cos nosos compañeiros, o chegar os monitores nos esperaban para facer os grupos e comenzar as distintas actividades, visitar a granxa, ver os animais, facer o queixo, averiguar como é o proceso da lá, e os xogos tradicionais, a verdade que o bo tempo nos acompañóu e despois da merenda tocóu a despedida de volta as nosas casas.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




















































