martes, 15 de diciembre de 2015

Carta o Apalpador

 Estos días estamos rematando as actividades do Nadal.

Cada neno escribimos unha carta o Apalpador para entregarlle o día do Festival de Nadal na casa de Cultura.

lunes, 14 de diciembre de 2015

Mi primer libro de LORCA

 Na biblioteca de Leiro temos " MI primer libro de Lorca " cos poemas que tanto nos gustan.

 E un libro cunha adaptación para iniciar os máis pequenos na poesía Lorquiana.


viernes, 11 de diciembre de 2015

Preparando a Árbore de Nadal

 Estos días estamos decorando a nosa aula.
Coa participación de todos os nenos-as montamos diferentes árbores de Nadal.
 Pintamos as bolas de diferentes cores e motivos navideños para despois recortalos.
 Con moita ilusión o que máis lle gustaba a cada meniño era buscar un sitio para pegar a súa bola na árbore de Nadal.


 Había que recortalas con moito coidadiño para que a hora de pegalas fosen redondas.

 Tamén había que respetar o turno a que rematara o noso compañeiro para pegar a nosa bola .

Así de bonitiñas nos quedaron as nosas árbores.


jueves, 10 de diciembre de 2015

sábado, 5 de diciembre de 2015

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 O Concello de Ribadumia organiza un concurso de postais de Nadal por estas datas, e nos participamos na categoría infantil.
Con moita ilusión fixemos unha variedade de debuxos dos Reis Magos, de Papá Noel........

 Os máis pequenos para a postal utilizaron a técnica da témpera, con moito colorido...


O árbol de Nadal tamén foi unha temática elexida polo maiores.
Aquí están as nosas postais do Nadal.

jueves, 3 de diciembre de 2015

JUAN RAMÓN JIMÉNEZ



Casa natal de Juan Ramón Jiménez en Moguer ( Huelva ). Su Moguer natal foi un referente na súa obra.

martes, 1 de diciembre de 2015

ALMORZO ANDALUZ


Hoxe no noso obradoiro de cociña como estamos traballando ANDALUCÍA.
Merendamos un riquísimo e moi nutritivo ALMORZO ANDALUZ.

 Como sabemos que as oliveiras dan o fruto que son as olivas moradas ou verdes e que delas se extrae o aceite de oliva, moi abundantes en Andalucía, e fonte de riqueza de esa comunidade autónoma.

 Pois co aceite de Jaén e as laranxas preparamos unha merenda exquisita.





 Na tostadora quentamos o pan de barra a continuación unhas gotiñas de aceite e por riba o fiambre.

 Estaba riquísimo e non sobróu nadiña.

Este almorzo andaluz foi un éxito total. Para merendar tamén nas nosas casas.