martes, 3 de mayo de 2016
Excursión a Granxa Serantellos
O luns cun día espléndido fomos de excursión a granxa escola de Serantellos.
Visitamos os animais que alí viven, as suás características, si teñen o corpo cuberto de pelo, o seu tamaño., a súa alimentación...
Tamén visitamos as diferentes aves que alí se atopan . Disfrutamos moito dándolle de comer.
Algúns tiñamoslle medo os porquiños.
Os coelliños con tanto barullo asustáronse un pouco.
E o pony gústabanlle as mazás moito.
Tamén no muiño moemos a fariña para facer uns deliciosos boliños de pan,
E como expertos peneiramos a fariña na peneira como facían as nosas avoas.
Coas viseras postas chegóu a hora da merenda .
Para rematar a nosa visita na horta.
Plantamos sementes de xirasoes e cenorias.
E como o sol quentaba moito había que regar bastante o huerto.
Foi un día estupendo donde levamos a cabo diferentes actividades moi interesantes e con ganas de volver outra vez.
domingo, 1 de mayo de 2016
Festa dos Maios 2016
O venres celebramos a Festa dos Maios, foi unha mañá intensa chea de actividades.
A profes Angeles e Ana traballaron intensamente para facer o Maio.
A primeira hora tivemos a visita da científica do CSIC de Galicia, que nos explicóu un experimento con auga salgada que pesa máis que a auga doce,
Como disfrutamos cando a auga se tinguía de cor azúl, o remenxer iba cambiando de cor.
Había que remenxer moi amodiño a mezcla.
O quitar o separador tiña cor de bandeira tricolor cada un diferente tono.
Tamén estivemos facendo as cadenetas cos pampullos para adornar o noso maio.
Pouco a pouco con moita paciencia para que agulla non se soltase íbamos confeccionando as tiras de margaridas.
Tamén estivemos decorando a nosa flor de adobío de primavera.
Pouco a pouco o noso Maio quedóu perfecto co traballo das dúas profes artistas.
E chegóu a hora da merendar os deliciosos biscoitos e tartas que nos prepararon as nosas familias.
Cantamos todos a sombra dos carballos xa que o sol quentaba moito.
Levantate Maio, que tanto durmiches......
Pasóu o inverno e non o sentiches.....
A ritmo da gaita, bombo e tambor.....
Grazas a todos pola axuda e pola colaboración da Festa dos Maios.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




















































