miércoles, 6 de mayo de 2020

" EL COMIENZO DEL DÍA " . JOAN MIRÓ


Nesta pintura tanto as cores como as formas, que utiliza na maioría das súas obras, son moi rechamantes porque conectan cos máis pequenos fomentando o interese polo arte. 
O que representa é unha figura con estrelas, liñas e círculos en negro. 
Na asemblea cando preguntábamos,  ¿que ves no cadro? un neno dixo unha xoaniña, outros dous un marciano, unha nena un paxaro.....en familia podedes comentar que vos suxire a obra.


Seguen chegando as propostas do noso pintor que empezamos a traballar en marzo.
Mario pintóu " EL COMIENZO DEL DÍA"  utilizando principalmente as 3 cores primarias (vermello, amarelo e azúl), e tamén unha secundaria que é o verde.
Este cadro expresa un entusiasmo pola vida, cheo de enerxía e alegría.

CONCURSO: O QUE VES DESDE A TÚA XANELA



DENDE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PROPOÑEN UN CONCURSO BEN CHULO DE DEBUXOS EN LIÑA. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
PODEDES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE.



REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS

Reábrese o Proceso de Admisión para o novo alumnado.
Aquí tedes o calendario.

Para recoller ou entregar os papeis de solicitude de admisión:
Luns 11, mércores 13, venres 15 e luns 18 en horario de 9:00h. a 12:00h.

As listas provisionais de admitidos estarán antes do 9 de xuño.

As listas definitivas de admitidos antes do 26 de xuño.

Se queredes saber se estades admitidos nas listas provisionais e definitivas, tedes que chamar ao teléfono do C.R.A de Ribadumia que poñemos ao final desta entrada.

O prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo.

Nos próximos días publicaremos, un documento con instrucións de cómo cubrir os papeis de admisión de alumnos.

Para calquera dúbida, podedes chamar ao teléfono da sede do C.R.A de Ribadumia:
666410195

Mario e as flores do Maio


 Ahora co bo tempo xa podemos saír a dar paseos polo campo, e como estamos no mes de maio, e este ano non puidemos celebrar no cole a festa dos maios, apañamos as frores silvestres que xa cubriron as leiras , para facer o noso maio particular.


  Tamén atopou un trébol de 4 follas, caramba ese é moi dificil de atopar.

  ¿ SABEDES QUE TEN UN SIGNIFICADO O TRÉBOL DE 4 FOLLAS?

   Cada folla representa un dos 4 componentes básicos da FELICIDADE.
    que son " ESPERANZA ", " FE ", " AMOR " e por último se asocia a " SORTE".

 

martes, 5 de mayo de 2020

IZAN PINTÓU "O PEIXE CANTANDO"


Sabedes que JOAN MIRÓ ten un cadro  que se titula "O PEIXE CANTANDO"?. Pois a Izan chamoulle moito a atención, porque esta pintura ten moitas cores e formas. El di que o cadro ten un peixe e que canta.
Penso que esta pintura, ten o poder de facer que as persoas que a contemplan estean felices, xa que mostra unha idea de ledicia e tamén que algo é posible, cando un peixe canta e baila a vez......


Cos pinceis e acuarelas, púxose coma un auténtico pintor a elaborar a súa obra.


IZAN ESTÁ XENIAL... ERES UN ARTISTA!!


lunes, 4 de mayo de 2020

JOAN MIRÓ

Bos días a todos e todas!
Comezamos con enerxía esta semana, con Joan Miró.

                                                             AUTORRETRATO
                                                                                                                                                                
Foi un pintor, escultor, gravador e ceramista español, considerado un dos máximos representantes do surrealismo. Nas súas obras reflectiu o seu interese polo subconsciente, o “infantil” e a cultura tradicional de Cataluña (xa que naceu en Barcelona).    
Hoxe propoñemos, primeiro ver o vídeo onde aparecen algunhas das súas pinturas máis destacadas e que pensedes cales gústanvos máis. E, a continuación, podedes realizar un debuxo del ou convertervos en pintores e imitar algunha das súas creacións.



ESTOU DESEXANDO VER AS VOSAS OBRAS! 
GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 

Clara e o seu Mastín


Clara nos mandóu unha foto co seu mastín que se chama Tigre, son moi cariñosos e inteligentes, teñen moitas cualidades. Unha das máis importantes é que son os mellores guardiá
ns que podamos ter con nós nas nosas casas.