domingo, 12 de octubre de 2025

jueves, 9 de octubre de 2025

COLGANTE CON CUNCHA

Esta semana, reutilizando cunchas da praia, fixemos un colgante con arxila branca.

Fixemos unha bola coa arxila, despois esmagámola coa man para darlle unha forma redonda, a continuación realizámoslle un buraco pequeno para meter o cordón do colar e para rematar puxémoslle unha cuncha enriba premendo un pouco para que non se desprenda.   

Cada nen@ elixiu as cores que máis lle gustaban para elaboralo. 










miércoles, 8 de octubre de 2025

PANTASMAS E CABAZAS

Como xa estamos no mes do Samaín, imos facer algunhas receitas relacionadas con esta festa.

A primeira é “Pantasmas e Cabazas”...

 

QUE GANAS DE COMEL@S!!

TEÑEN QUE ESTAR DELICIOS@S!!

martes, 7 de octubre de 2025

TRABALLAMOS OS NOMES

Na aula de Sisán, levamos varias semanas traballando os nomes de todos @s nen@s da escola.

Buscamos e coloreamos o de cada compañeir@. Aquí, algunhas veces, coa dificultade de que está escrito con outro tipo de letra que non é a maiúscula.

Miramos por que letra empeza e remata e coloreámolas.

Contamos cantas letras ten, buscamos o número e pintámolo. Por se algún alumn@ non sabe como se escribe ese número, temos na parte de abaixo da folla as grafías do 1 ao 10 para contar e ver como se fai.

E tamén, debuxamos a/o nos@ compañeir@, para traballar a representación o seu esquema corporal.

domingo, 5 de octubre de 2025

jueves, 2 de octubre de 2025

CANTOS ANIMAIS!

Este sábado 4 de outubro é o día dos animais.

Para conmemoralo, na aula de Sisán fixemos uns bonitos animais utilizando pauciños e limpa pipas.



A QUE QUEDARON MOI BEN!!

miércoles, 1 de octubre de 2025

COGOMELOS DE TOMATE

Como todos os mércores, aquí temos outra saudable receita.

Esta vez son “cogomelos de tomate”, que leva de ingredientes tomate, ovo, maionesa e leituga para facer de herba. 

Tamén estivemos mirando na pantalla dixital, que hai quen substitúe o ovo por pataca e a leituga por chícharos. 

Pode ser que as nosas familias encontren outra forma de facer os cogomelos e a herba…

ESTAMOS DESEXANDO VER AS FOTOS DESTA RECEITA!!