Esta é a piruletas de Papá Noel, elaboradas con babybel, queixiño, pauciño de pan e pebidas de chocolate.
RIQUÍSIMAS!
Esta é a piruletas de Papá Noel, elaboradas con babybel, queixiño, pauciño de pan e pebidas de chocolate.
RIQUÍSIMAS!
O luns cando chegamos á escola atopámonos na biblioteca, debaixo da árbore do outono, con isto…
Así que,
abrimos a carta e descubrimos que era o elfo traveso que veu a Sisán para vixiar
se nos portamos ben e tamén para divertirse connosco facendo falcatruadas.
Tamén poñía que, como non tiña nome, quería que entre todos @s nen@s elixiran
un para el.
O ESCOLLIDO FOI PEPE
O martes, fixo a súa primeira trasnada que foi encher de cinta adhesiva a porta da escola para que tiveramos que entrar e saír as agachadas…
E ASÍ ESTIVEMOS TODA A MAÑÁ!!
O mércores escondeu as seis bonecas que temos por toda a escola e tivemos que buscar para atopalas…
COSTOUNOS UN POUCO!!
O xoves colleu todas as letras magnéticas e tirounas por toda a aula. Antes de facelo, puxo o seu nome con elas e escribiunos que quería que buscaramos as dos nosos nome e que despois os deixaramos todos para que el puidera comprobar que estaban ben. Tamén mandounos recoller as letras que sobraban, e poñelas nas súas caixiñas.
O
venres librámonos das súas travesuras xa que imos a Leiro e el non sae de
Sisán, xa que vai ser a súa casa ata as vacacións de Nadal.
ESTAMOS DESEXANDO VER QUE FAI A VINDEIRA SEMANA!!
Na
aula de Sisán fixemos dúas árbores de Nadal…
Unha para a porta da aula usando distintos tipos de papeis para manualidades (Kraft de cor verde, cartolinas metalizadas, onduladas e decoradas para os regalos) e tamén goma eva brillante.
E outra, para poñer na parede, utilizando cartón e figuras de Nadal que tiñamos doutros cursos (bastóns, renos de feltro, estrelas…).
A QUE QUEDARON BONITAS!!