jueves, 10 de noviembre de 2016

A Ciencia na Escola.

O mes de Novembro, está adicado a CIENCIA nas bibliotecas escolares.
No noso cole estamos traballando arredor dos 5 sentidos. Mediante as actividades descubrimos que o sentido do oído, sirve para escoitar " OS SONS QUE NOS RODEAN ".
 E para escoitar os  sons  que nos rodean, en silencio, saímos o recinto preparados para deleitarnos coa escoita de varios sons suaves de páxaros, e das follas das árbores  o pisar. .

Gústóunos moito escoitar os sons que a natureza nos ofrece, e poden pasar desapercibidos como o canto dun paxariño.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

A Casiña de Chocolate

 Hoxe merendamos a " CASIÑA DE CHOCOLATE " basada no conto de Hansell y Gretel.
 Con moito coidado untamos  a crema de cacao no pan, para facer a casa e máis o tellado.
 Para facer a porta lle puxemos unha galleta rectangular.
 Pouco a pouco xa somos máis expertos nas artes culinarias, conseguimos untar  co coitelo moi ben sin que rompese o pan.

 E o resultado foi esta exquisita " Casiña de Chocolate ".
 As fiestras eran gominolas de osiños de laranxa, limón e frambuesa, como a casa da bruxa .
 E  adornamos con boliñas de chocolate.


 E todos xuntos merendamos esta deliciosa Casiña de Chocolate, con ganas de repetir na nosa casa en familia.



Mural dos Malvados e Malvadas dos contos










Na nosa aula colocamos o mural dos malvados-as dos contos, os que máis nos gustaron foron -" O Capitán Garfio " e " Cruela de Vil ".

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Festa do Samaín 2016












O venres celebramos a " Festa do Samaín , con moitas actividades, en Leiro, decoramos os cartuchos para as castañas, durante a mañan tivemos a visita do mariñeiro Luis, a cociñeira Balbina e a científica Mariña, dentro do plan proxecta " O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR ".........
O bo tempo nos acompañóu, e así disfrutamos da rica merenda que nos prepararon as familias, e a profe Montse nos deleitóu coa súa actuación maxistral, fixonos temblar de medo, hasta convertirnos en momias de colores para desfacer o feitizo.
E para rematar a festa tivemos a visita da " Banda Municipal de Ribadumia ".
Grazas a todas familias pola colaboración.

jueves, 27 de octubre de 2016

PREPARANDO O SAMAÍN

 Na nosa aula xa se respira a festa do SAMAÍN, que mañan celebramos en Leiro.
 Pintamos moitas cabazas, e arañas.
 Hugo nos truxo unha cabaza con telearaña incluída.
 Andrés decoróu  unha cabaza de pokémon.

 Na hora do recreo xogamos a canción dos esqueletos.



Non esqueceros mañan das castañas para asar..... .....

domingo, 23 de octubre de 2016

Malvados e Malvadas

Pronto chega a FESTA DO SAMAÍN e na escola cada día coñecemos máis os  malos e malas dos contos que tanto nos gustan..e  fixemos unha selección entre todos para ler cada día un contiño e facer un comentario.
                               " O CAPITÁN GARFIO", " A CABRA CABRESA".
                                " CRUELA DE VIL ", " ÚRSULA ".
                                " O TÍO LOBO ", " O OGRO ".
                                " A BRUXA REGAÑADENTES " " A MADRASTA ".