sábado, 15 de diciembre de 2018

PIÑAS E BONECOS DE NEVE






Xa rematamos os nosos bonecos de neve, que fixemos na clase de plástica cun calcetín branco e retais de tela, e coas piñas pintadas construimos unha paisaxe nevada. Así de bonitiños nos quedaron os nosos traballos

Xogamos en equipo

A hora de xogar é moi importante esperar o  turno e non enfadarnos .
 Hai que respetar os compañeiros.

 Nerea e Hugo traballaron en equipo para construir o puzzle do barco pirata.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

PINCELADAS MUSICAIS DA BANDA MUNICIPAL DE RIBADUMIA






Hoxe a BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADUMIA, visitóu a nosa escola para deleitarnos coa actuación do MERCADO PERSA, donde buscaban a princesa entre os mercaderes. despois da actuación de música descriptiva fixemos un cadro para as pinceladas musicais que o vindeiro domingo 16 se presenta no AUDITORIO DE RIBADUMIA.
Moitas grazas por esta actuación musical extraordinaria.

domingo, 2 de diciembre de 2018

O Arbol de Nadal da Biblioteca






Este venres colocamos as nosas boliñas azuis para decorar a árbore da biblioteca, nun recuncho que está adicado " O NADAL ".

Preparando o Nadal

Xa estamos cos preparativos do festival de Nadal.

Con témpera vermella rematamos os nosos gorros de Papá Noel.

 Despois había que recortarlos con moito coidadiño.
 Para facer unha foto en grupo co noso mural do boneco de neve.