lunes, 9 de diciembre de 2019

O NADAL DE CARAPUCHIÑA


Carapuchiña no nadal vai a casa da súa avoiña que esta enferma.
 Polo camiño atópase cun reno grande, unha bruxa, un cociñeiro e un reno pequeno..
 LLe preguntan a donde vas CARAPUCHIÑA ?
Vou a casa da avoiña a levarlle un tarro de mel, tortitas e turrón....

CARAPUCHIÑA VERMELLA


sábado, 7 de diciembre de 2019

Renos de Nadal

 Con material de refugallo, na clase de plástica pintamos uns renos moi divertidos.



 Lle colocamos unha nariz redondiña e uns ollos móviles.







Así nos quedaron os diferentes renos para colocar no noso árbol de Nadal....

martes, 3 de diciembre de 2019

Baixo o mesmo Paraguas

Hoxe 3 de Decembro é o día Internacional das persoas con Discapacidade.




 E como outras escolas nos unimos a iniciativa de " BAIXO O MESMO PARAGUAS "


Realizamos unha andaina polos arredores da escola para a inclusión e igualdade na escola.


TODOS   SOMOS   IGUAIS.

viernes, 29 de noviembre de 2019

O ACIVRO DE MARIO

Xa puxemos en marcha o caderno viaxeiro, para levar cada meniño-a a súa casa.
 Este ano na nosa escola poñemos en marcha este traballo para apoiar a candidatura de Rosalía de Castro.
A figueira da casa -museo de Rosalía nos fai de referencia, para nós elexir a nosa árbore.

 Mario nos contóu a súa historia do acivro, que é unha árbore protexida, e que foi plantado pola   súa nai, seu pai e o seu irmán Alvaro e por Mario. Teñen que coidalo moito porque os temporais danaron o tronco para que siga medrando.

jueves, 28 de noviembre de 2019

Dereitos da Infancia

 O Día 20 de Novembro celébrase " 30 Aniversario dos dereitos da Infancia ".
 Todos os nenos sin excepción de raza,color,idioma,relixión,nacemento...teñen os mesmos dereitos.
 Todos nenos teñen dereito a ter unha familia que os protexa e lles de cariño.
 Todos os nenos teñen dereito a educación..
Todos os nenos teñen dereito  desde o nacemento a un nome e nacionalidade.
Todos os nenos teñen dereito a vivenda, alimentación e servicios médicos.
 Todos os nenos deben ser protexidos contra o abandono familiar.
Todos os nenos teñen dereito a divertirse e a xogar cós amigos.

Concurso de Postais de Nadal











Un ano máis participamos no concurso de Postais de Nadal do Concello de Ribadumia