martes, 31 de marzo de 2020

Galicia le. A Cultura segue.




  A Xunta de Galicia ten un Catálogo dixital aberto, onde encontraredes gran variedade de contos e libros para estes días na casa.

lunes, 30 de marzo de 2020

BOLETÍN DA 2º EVALUACIÓN

Debido a situación de aillamento que estamos pasando pola crisis do Coronavirus, estos días o profesorado do CRA estivemos reunidos mediante video-conferencia para poder evaluar os alumno-as, e así chegaros a información  para que poidades ver as notas dos vosos fillos, é necesario que descarguedes no voso móbil a Aplicación de Abalar da Xunta de Galicia: https://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil
No seguinte enlace tedes unha guía por se necesitades aclarar dúbidas
Para ver o boletín de avaliación do segundo trimestre tedes que pinchar no nome do voso fillo e despois, pulsando nas tres raias horizontais que tedes arriba á esquerda, podedes acceder ao menú con todas as funcionalidades dispoñibles. Aí é onde tedes que ir a cualificacións e despois arriba á 2ª avaliación, e xa podedes consultar as notas dos vosos fillos.


Se precisades algunha aclaración podedes chamar ao teléfono do centro (666410195) en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.

sábado, 28 de marzo de 2020

IZÁN PLANTANDO

Mirade cantas cousas fai Izán coa familia, esta vez está plantando coa súa irmán e o seu avó.
As plantas bonitas que florecen na primavera.. gracias Izán polas fotos e as ideas que nos mandas.

viernes, 27 de marzo de 2020

CIRCO DO SOL EN FAMILIA

CIRCO DO SOL

Queremos facervos chegar este enlace, donde podedes gozar dende casa do espectáculo hoxe 27 de marzo a 20:00h.

Un bo plan para disfrutar en familia...

https://www.elmundo.es/metropoli/otros-planes/2020/03/27/5e7ce351fc6c83a8558b45a8.html


CLARA E O SEU DEBUXO

 Hoxe nos chegaron noticias de Clara que nos alegróu moito, fixo un debuxo moi bonito...
do contiño "Rosa y el virus" para combatilo entre todos e pronto volver o cole, para estar cós compañeiros e as profes.. Moitas grazas CLARA.
   TODOS OS VOSOS DEBUXOS, POEMAS, E DEMÁIS TRABALLOS ,podedes enviar a
escoladesisán@gmail.com

jueves, 26 de marzo de 2020

IZÁN E LÍA

Para estos días, que a nosa vida sufríu cambios nas rutinas diarias, é moi importante seguir coas actividades.
Aquí nos mandóu Izán e a súa irmán  Lía unha obra de arte .
Moitas grazas por compartir connosco as vosos traballos artísticos . Se queredes podedes enviarnos fotos e publicaremos.

miércoles, 25 de marzo de 2020

CONTO "ROSA CONTRA EL VIRUS"

ROSA CONTRA EL VIRUS

No seguinte enlace ao conto en PDF de “Rosa contra el virus” e debaixo o vídeo. Trátase dun recurso útil para que os nenos e nenas comprendan a situación actual.

·   E AQUÍ TEDES O VÍDEO



Coa axuda deste conto propóñovos as seguintes actividades:

 1º) A lectura e/ou visionado do conto.

 2º) Reflexión oral cos nenos/as sobre esta situación.

3º) Creación dun cartel para poñer na porta da casa para asustar ao virus e que
non entre.
4º) De forma oral ou plasmada en papel, pedirémoslle ao neno/a que faga unha proposta para vencelo (vacina, remedio, un escudo,...).


Lograremos combatelo!
Ánimo familias!
Xuntos o conseguiremos!