Hoxe, escribimos a receita de vasoiras de bruxa.
QUE RICAS!!
O curso
pasado, no mes de marzo, a mestra Marta trouxo insectos pau para a aula de natureza.
Ata
final de curso, estivemos dándolle de comer, limpándolle a súa casiña , vendo como medraba, como poñían ovos e tamén como morrían ao rematar o seu ciclo de vida.
Como
tiñamos moitos ovos, a familia de Carmen de Ribadumia B, levounos durante o
verán para que puideran eclosionar.
Onte trouxeron
moitísimos insectos pau que naceron, para que cada escola puidera levar algúns nun
terrario e que así mestras e alumn@s os coidaran.
Na aula de Sisán estivemos enchendo a base do terrario de terra para que haxa máis humidade, que é o que eles necesitan para vivir.
Despois algúns/algunhas nen@s atrevéronse, e deixaron que os insectos pau andasen polas súas mans.
MOITAS GRAZAS FAMILIA DE CARMEN
POR COIDALOS TAN BEN!!
Como xa está cerca a festa do Magosto-Samaín, estivemos mirando de que podemos vir disfrazados, e despois escribindo o nome dalgúns destes disfraces.
Hoxe, en
Leiro, participamos coa profe Malú na volta ao cole pola leucemia de Unoentrecienmil.
Esta iniciativa, está destinada a impulsar proxectos de investigación contra
esta enfermidade.
Con
esta carreira chea de diversión e compañeirismo estaremos dando esperanza a
algúns nen@s, que hoxe poderán volver ao cole grazas aos avances en investigación.
Dimos
algunhas voltas correndo, e para complicalo un pouco a profe Malú púxonos obstáculos
polo percorrido de equilibrio, saltar, pasar po debaixo, meternos en rodas…
Tamén, nunha das voltas, os maiores déronlle a man aos máis pequenos para axudalos.
QUE VEN O PASAMOS!!
Esta semana fixemos unha pulseira co nome.
Para elaborala @s nen@s buscaron, entre pezas de contas con letras, as que correspondían ao seu nome.
E para rematar, ensartáronas todas nun cordón de cor.
A QUE QUEDARON MOI BONITAS!!
Como fixemos a receita dunha arañeira, tamén estivemos escoitando e aprendendo a canción “un elefante se balanceaba sobre la tela de una araña”.
Despois estivemos escribindo os números do un ao dez e tamén, para atrás en orde inverso, do dez ao un. Por se non recordan ben como e a grafía de cada un, cada alumn@ ten na súa gabeta dúas tarxetas plastificada (unha con eles do un ao dez e outra ata o 30). Deste xeito, axudámoslle a ver o orde e a forma de cada un de maneira secuencial.