domingo, 23 de noviembre de 2025

jueves, 20 de noviembre de 2025

OUTROS AMIGOS DE “PAXARO AMARELO”

Hoxe estivemos cos nomes doutros amigos que aparecen no conto de "Pajaro amarillo": monstruo rosa, rana de tres ojos, bicho pelota e monstruo azul.

Esta vez, xogamos a atopar o nome de cada un:

A mestra escribe o nome dun no encerado e eles buscan cal é da lista onde están todos.

Unha vez que o atopan, teñen que colorear o recadro onde aparece da mesma cor que el.

Despois o recortan e o pegan ao lado da frecha que o sinala.

A escritora de “Pajaro Amarillo”, ten na súa páxina web os contos dos amigos que podedes descargar gratis en pdf. Só tedes que buscalos entre todos os seus traballos.

miércoles, 19 de noviembre de 2025

TEO O CARTEIRO

A receita de hoxe foi un crocodilo chamado Teo, que é o carteiro do conto “Pajaro Amarillo”.


CONTO MUSICADO LÚA

Levamos unhas semanas traballando na escola o conto de Lúa.  

  

Os nen@ estiveron reescribindo o texto, deste libro rimado e musicado.

Para que puideran facelo, primeiramente escribiron os nomes de todos os personaxes do conto debaixo do seu debuxo. 

Despois utilizaron esta folla de modelo para realizar esta actividade eles sós.