Hoxe tivemos unha xornada de convivencia no CPI Julia Becerra Malvar, para coñecer o novo cole e os compañeiros de primaria. Visitamos a nova biblioteca do centro e fixemos xogos para facer grupos.
Coñecemos a profe de Música e bailamos con moito ritmo.
Tamén fixemos un percorrido polo comedor escolar.
Despois no ximnasio xogamos co paracaídas.
E a profe de inglés tiñanos unha sorpresa maravillosa, un contiño en inglés para levar para casa.
E a merenda na entrada de infantil todos xuntos.
Cos nenos de primaria fomos o recreo no campo de fútbol.
A verdade que hoxe foi un día especial para todos nós, con moitas emocións e ilusión por coñecer o noso cole de primaria.
E de despedida voltamos cun agasallo as nosas escolas...en transporte escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario