Como sabedes andamos a investigar sobre o proxecto das Illas Canarias.
E aproveitando que no contorno de San Xoán de Leiro atópase unha exemplar de palmeira canaria.
Hoxe cos nenos da escola de Leiro fixemos unha saída para ver de cerca este exemplar vexetal..
No chan había as támaras que son os frutos das palmeiras, o principio son de cor verde e cando maduran son de cor amarelo-laranxa.
As palmeiras son excelentes hábitat para moitas especies da aviafauna, xa que os mirlos,corvos, gorrións e tórtolas......fan os seus niños nelas.
As támaras teñen forma ovoide, con sabor amargo e pouca pulpa.Usábanse como forraxe do gando.
A s palmeiras é unha das especies vexetais máis representativas do Arquipiélago canario.
A palmeira canaria é unha especie moi lonxeva e as súas follas teñen forma de pluma de ave.
No hay comentarios:
Publicar un comentario