martes, 24 de mayo de 2016

EDUCACIÓN E SEGURIDADE VIAL

 Hoxe tivemos unha xornada no pabellón de EDUCACION E SEGURIDADE VIAL.
 Chegamos todos preparados coas nosas bicis, patinetes,triciclos e sin olvidarnos do casco que é o que nos protexe a cabeza.
Un pai dun alumno de Ribadumia nos montóu un circuito,con moita ilusión para que todos os nenos do CRA, por aulas nos ensinóu a respetar as sinais de tráfico e a circular de forma segura tanto como condutor ou como peón.

 Gracias Paco polo teu traballo e colaboración para levar a cabo esta actividade.

 Pero aínda tiñamos moitas máis sorpresas ao longo da mañá.
 A Garda Civil de Tráfico nos deixóu subir a moto.
   Miguel quiso encender as luces tan brillantes e azuis.
 David quería encender a moto.

 Como nos gustaba facer ruido coas sirenas.

Tamén miramos o coche patrulla de tráfico.

 Na aula Elena da D.G.T. na pizarra dixital nos dóu unha charla moi importante sobre a seguridade vial, pasos de peóns, uso do cinto, uso da cadeira, para viaxar seguro.
A media maña chegóu a hora de merendar todos xuntos no local social. Grazas a ANPA pola vosa axuda e colaboración.
 Máis tarde decoramos os nosos carnet de conducir pero dunha maneira sostible e segura, sin olvidarnos sempre do cinto e cadeira.

 Levamos para casa un semáforo que fixemos no obradoiro de cociña cos nenos de Leiro.


Grazas a todas familias pola vosa colaboración e a Paco e o personal da D.G.T. por facer deste un día cheo de emocións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario