Un ano máis organizamos no CRA unha xornada de Educación Vial, coa colaboración da D.G.T, a autoescola Barrantes,e a Garda Civil.
Así in situ aprendemos a desplazarnos de forma segura sempre que vayamos pola rúa.
Subimos o camión para dar un paseo e ver a cabina que grande é por dentro, e que forte soa o claxon.
Tamén subimos o coche patrulla da garda civil para dar unha volta, e ver as luces e o cadro de mandos.
Escoitamos a charla de Elena da D.G.T. da importancia de levar posto o cinto de seguridade para evitar accidentes de tráfico.
E para merendar no taller de cociña preparamos un coche moi divertido.
A pesar da chuvia poidemos merendar todos xuntos.
Para rematar escoitamos os contacontos de KIDS&US.
Grazas a todos pola colaboración nesta xornada de Educación Vial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario