A Xunta de Galicia abre a todo o público o seu catálogo dixital con máis de 4500
obras. A través da plataforma GaliciaLe poderedes acceder en préstamo a todos
os contidos dixitais da rede de Bibliotecas públicas de Galicia. Libros en
galego, castelán, inglés e outros idiomas. Tamén obras audiovisuais galegas e
todas as publicacións de 31 revistas. Para facelo tedes que entrar en GaliciaLe
(deixamos abaixo o enlace) e rexistrarvos como usuario cubrindo os vosos datos
persoais, e xa podedes ver todo o catálogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario