Este ano o inicio das clases vai vir marcado polas recomendacións sanitarias e será moi diferente ao dos anos anteriores. Dende a escola estamos traballando para cumprir cos protocolos que acaban de publicarse e ter todo listo dende o primeiro día nun entorno seguro. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto con todas as familias por teléfono ou correo electrónico para informarvos de posibles novidades e aclarar dúbidas. Polo pronto lamentamos comunicarvos que a reunión fixada para o vindeiro 10 de setembro non poderá realizarse. As instrucións publicadas pola Conselleria establecen un comezo gradual como recolle a seguinte resolución: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf
Este xoves 10 comenzarán os nenos e nenas de 3 e 4 anos e o venres 11 comenzaran os nenos e nenas de 5 anos.
Pronto nos vemos. Os nenos de 3 anos en horario de 10 a 12 no período de Adaptación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario