viernes, 30 de enero de 2026

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, é o día da Paz. 

Coñecido tamén como Día Escolar da Non Violencia e a Paz, celébrase en honor a Mahatma Gandhi no aniversario da súa morte.

Na aula de Sisán, estivemos falando de que esta é unha data especial na que temos que lembrar que todas as persoas do mundo, sen importar de onde sexan, como falen ou como se vexan, merecen vivir tranquilas, sen pelexas e con respecto.

Despois, cada alumn@ dixo unha palabra, que para el/ela, estaba relacionada coa Paz, e escibiuna.

A continuación, como a pomba é o animal que simboliza este día, realizamos un mural con ela e todas as palabras escollidas pol@s nen@s.





Tamén fixemos unha pomba, coa axuda da mestra Olalla, reutilizando unha culler.











No hay comentarios:

Publicar un comentario