miércoles, 20 de abril de 2016

Contacontos para celebrar o Día Internacional do Libro 2016

 Hoxe no noso cole tivemos unha sorpresa especial uns contacontos estupendos, da man da profe Montse e o profe Jose.
 Nos petaron na porta en busca dunha tarteira , donde se cociñaban uns contiños espectaculares, acompañados de música e marionetas.

 Co " Gato Lambón " disfrutamos embelesados , como nos divertimos.

 Coas marionetas disfrutamos da lenda de San Xurxo e o Dragón.

 
 Cada 23 de Abril celebráse O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO , para conmemorar a Miguel De Cervantes , máxima figura da literatura universal, coñecido pola obra  DON QUIJOTE DE LA MANCHA., e tamén a WILLIAM SHAKESPEARE , pola obra Romeo y Julieta.
Moitas grazas a estes contacontos tan especiais por deleitarnos coa vosa actuación. Grazas Profe Montse e profe Jose. 

Cumpleanos de Guillermo

 Hoxe celebramos o cumpleanos de Guillermo.

Que nos preparóu unha deliciosa tarta de galletas con chocolate.

 Con moito coidado foi cubrindo as distintas tapas de galletas molladas en leite.
 E para decorar na última capa foi cuberta de amorodos.

                   PARABÉNS  PARA TÍ  GUILLERMO.

Entre todos celebramos a festa de cumpleanos. Felicidades Guillermo.

viernes, 15 de abril de 2016

Mural dos peixes da Ría

Cos nosos peixes favoritos fixemos un mural entre todos para valorar a importancia na nosa dieta e crecer sans e fortes .

jueves, 14 de abril de 2016

Vamos de Pesca

 Este trimestre estamos traballando sobre o PLAN PROXECTA  " ALIMENTATE BEN ".
 O sabor da aventura está no mar.
 Como se traballa na distribución de peixe.

E nas distintas lonxas como se leva a cabo a venda dos peixes da nosa ría.


E nós tamén nos sumamos a esta aventura do Mar e nos embarcamos para ir de pesca polas nosas rías.

lunes, 11 de abril de 2016

VISITA AO SALÓN DO LIBRO E O MUSEO DE PONTEVEDRA

 Despois de tanto traballar para o Salón do libro, " canta bichería hai na nosa ría ", chegóu o día de visitalo.
 Alí estaba ORBIL a mascota que nos véu a recibir repartindo abrazos e saudando.

 Asistimos a unha sesión de contacontos.
 E da man da monitora coñecemos as aventuras de EXTRAVAGANZZA PÉREZ.
 Este é o mapa que consulta EXTRAVAGANZZA, na precura dos seus países.
 Agora emprende a túa viaxe, buscando as pistas que levan os distintos lugares.

 Algúns traballos dos coles presentados no Salón do Libro.

 Parada no país da noite, onde viven as criaturas nocturnas.


 E despois de visitar as diferentes salas, chegóu a hora da merenda, para repoñer forzas
                    VISITA  AO  MUSEO  DE  PONTEVEDRA
 Tamén visitamos o Novo Museo de Pontevedra,.
 Para ver as distintas obras de arte que alí se expoñen.

 Despois das explicacións dos cadros, realizamos a construcción de puzzles de diferentes obras de pintores..



ZAPATOCAS EN ARAGÓN

 Na biblioteca atopamos unha carta de zapatocas visitando ARAGÓN, o lugar onde nacéu o famoso pintor FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES, e tamén é de ZARAGOZA o " Premio Nobel de Medicina " SANTIAGO RAMÓN Y CAJAL", pola importancia no mundo da ciencia coa suas investigacións.
 Na comunidade de Aragón, o 23 de Abril celebran o día de " SAN JORGE " conta unha lenda que enfrentóuse a un dragón para salvar a unha princesa. Da man de zapatocas iremos coñecendo o máis importante desta terra.

Xa sabedes se tedes na casa algún material relacionado con esta comunidade, podedes traelo ao cole para compartir.

lunes, 4 de abril de 2016

ALIMENTATE BEN COS PEIXES DA RÍA.

Na nosa aula traballamos para XVII Salón do libro co tema " ALIMÉNTATE BEN COS PEIXES DA RÍA ", eliximos entre eles a " MARAGOTA " que ten potasio, ferro, iodo e vitamina B1, B2 , B6, a " SOLLA " contén fósforo, selenio e vitamina B1, B2, B3, a " LURA " tamén ten fósforo, ferro, zinc, vitamina A , B3, B12 ,  a " CENTOLA " nos aporta a vitamina B1, B2.
E o xurelo e a xarda que pertecen o grupo dos peixes azuis son moi nutritivos e ricos en omega 3  xa que contén as vitaminas do grupo B, e a " MEIGA " ten potasio para os nosos músculos.
  Na nosa alimentación debe estar presente varias veces a semana,unha dieta a base de peixe xa que é imprescindible para o noso organismo, pola boa cantidad de minerales como calcio, ferro, fósforo  e proteínas xunto o grupo da vitamina A  e B .., que nos aportan.
Do 1 ao 23 de abril podedes asistir o PAZO DA CULTURA  DE PONTEVEDRA  e participar nos obradoiros e disfrutar das  distintas sesións de contacontos que organizan para os máis pequenos.