Estivemos lendo, e vendo na pantalla dixital, o conto de Olga Rios “Pajaro Amarillo”. Con esta historia, a
autora quere transmitirnos o importante que é compartir.
Esta
escritora ten moitos contos infantís moi bonitos que podedes ver na súa páxina
web, de forma gratuita, pinchando no apartado de traballos.
Despois,
como todos os mércores, escribimos a receita da semana utilizando ao personaxe
deste conto: O Paxaro Amarelo. Como a
nosa leva piña para facer o corpo e hai a nen@s que non lle gusta, ou non a teñen na casa, tamén
miramos en internet outras forma de facela (utilizando a xema do ovo, unha
rebanda de laranxa, tortiña…).
Podemos cambiar os ingredientes e usar outros.