miércoles, 12 de noviembre de 2025

PAJARO AMARILLO

Estivemos lendo, e vendo na pantalla dixital, o conto de Olga Rios “Pajaro Amarillo”. Con esta historia, a autora quere transmitirnos o importante que é compartir.

Esta escritora ten moitos contos infantís moi bonitos que podedes ver na súa páxina web, de forma gratuita, pinchando no apartado de traballos.

Despois, como todos os mércores, escribimos a receita da semana utilizando ao personaxe deste conto:  O Paxaro Amarelo. Como a nosa leva piña para facer o corpo e hai a nen@s que non lle gusta, ou non a teñen na casa, tamén miramos en internet outras forma de facela (utilizando a xema do ovo, unha rebanda de laranxa, tortiña…).

Podemos cambiar os ingredientes e usar outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario