Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Na aula de Sisán, estivemos falando do importante que é aprender a coidar, respectar e valorar ás persoas.
Despois miramos na pantalla dixital un precioso conto de Susanna Isern títulado “Ponte en mi lugar”. Nel, un grilo crúzase con varios amigos, unha mañá que está saltando polo campo. Cada un deles esta empeñado en solucionar un problema, pero el réstalle importancia a todas esas preocupacións. Pero pola noite, cando se prepara para dar o seu concerto nocturno, descubre que as cordas do seu violín están rotas. Os seus amigos ofreceranlle a súa axuda para cambialas por outras, xa que entenden que para el tocar o violín e moi importante. Así e como comprende que debería haberlles botado unha man tamén a eles, para cooperar tamén na resolución das súas inquietudes.
Esta historia fala sobre a empatía, unha cualidade moi importante para poder vivir e relacionarse cos demais. Por iso, debemos ser amables e axudar a quen o necesite.
Despois de ver este conto @ nen@s pensaron palabras que representen a “non violencia”, escribíronas e repasáronas con rotuladores.
A continuación creamos a cor lila utilizando vermello, azul e branco. Con ela, pintamos as palmas das mans, e despois premémolas sobre un papel branco para crear a súa impresión.
Coloreamos os números que compoñen o 25 e a letra ene do mes de novembro, que é a data desta conmemoración.
Para rematar, pegamos todo nunha cartolina para elaborar un mural.


No hay comentarios:
Publicar un comentario