viernes, 6 de febrero de 2026

CONTO MUSICADO CROCODILO

Despois de reescribir o conto musicado “Lúa de Antonio Rubio e Óscar Villán (editorial Kaladraka), estamos facendo o mesmo con “Crocodilo” que é do mesmo autor e ilustrador. 

Os dous pertencen a colección “Do berce á lúa”.





miércoles, 4 de febrero de 2026

CARAS DE FILLOAS

 Como xa esta preto o Entroido, hoxe escribimos a receita “caras de filloas”.

Para facer os ollos, nariz, boca, pelo…, podedes utilizar as froitas que queirades.

ESTAMOS DESEXANDO VER COMO FACEDES AS VOSAS CARAS!!

lunes, 2 de febrero de 2026

GRISELA

Hoxe, estivemos lendo un conto moi bonito que leva por título Grisela.

Narra a historia dunha ratiña gris que, sentíndose triste polo seu aspecto, intenta cambiar de cor pintándose de vermello, verde, amarelo e outras cores, pero o único que acaba é que os demais animais ríanse dela. Pero un día atopa outro rato, que lle ofrece a súa amizade e dille o fermosa que está, e acaba entendendo que a súa cor gris da súa pel é especial.

O que quere transmitir a autora é que hai que aceptarse tal é como somos, superar as nosas inseguridades e valorar a amizade.

CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

Hoxe, 2 de febreiro, é o día Candeloria é a tradición popular galega di que “casan os paxariños”. Esta data marca o inicio do cortexo e emparellamento das aves migratorias, anunciando ao mesmo tempo a inminente chegada da primavera.

domingo, 1 de febrero de 2026