lunes, 2 de febrero de 2026

GRISELA

Hoxe, estivemos lendo un conto moi bonito que leva por título Grisela.

Narra a historia dunha ratiña gris que, sentíndose triste polo seu aspecto, intenta cambiar de cor pintándose de vermello, verde, amarelo e outras cores, pero o único que acaba é que os demais animais ríanse dela. Pero un día atopa outro rato, que lle ofrece a súa amizade e dille o fermosa que está, e acaba entendendo que a súa cor gris da súa pel é especial.

O que quere transmitir a autora é que hai que aceptarse tal é como somos, superar as nosas inseguridades e valorar a amizade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario