Hoxe reunímonos mestras
e nen@s en Leiro para facer moitas actividades.
Desfilamos disfrazados e bailamos, xa que hoxe a orde do Meco dicía que tiñamos que traer un complemento de Entroido.
Despois @s alumn@s das
escolas foron rotando por tres talleres:
- Xogos coa mestra Malú
- Disfraces
- Pintar máscaras
Con tantas actividades,
merendamos para repoñer forzas e a continuación xogamos un pouco.
Para rematar recibimos
a visita de Bea e Ali de “Inventi Teatro”,
que viñeron grazas ao circuito de apoio á programación de artes escénicas en galego da Diputación de Pontevedra.
Que ben o pasamos cos seus contos musicados!!
Ali, ensinounos, e tamén puidemos tocar un instrumento, un instrumento moi curioso que se chama Thomann Tongue. Trátase dun tambor de percusión fabricado con aceiro, que ten forma de disco ou prato voante e produce sons suaves e relaxantes.
.jpeg)
.jpeg)






.jpeg)
.jpeg)



No hay comentarios:
Publicar un comentario