Hoxe
conmemoramos o nacemento da poetisa e novelista galega Rosalía de Castro.
Para
celebralo xa escribimos a receita do seu “caldo de Gloria” , que aparece como se
prepara no seu poema “Miña casiña, meu lar”.
Tamén, para lembrar este día, fixemos un marcapáxina cunha rosa que é a reina indiscutible da súa obra, xa que aparece en moitos dos seus poemas.
Lemos o conto "Miña casiña, meu lar", que conten os versos de Rosalia de Castro. Nel, describe a loita pola supervivencia dos máis necesitados, a avaricia dos podentes, e tamén toda a alegría por vivir e superar as adversidades da muller protagonista cociñando un humilde caldo de gloria e un bolo de pote.
Está ilustrado por Blanca Millán.
Cantamos “Eu ben vin estar o moucho”, ao que lle puxo música o grupo Migallas.
Realizamos o quebracabezas coa súa cara.
E @s
nen@s levaron para casa un pasapalabra con preguntas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
ESTAMOS DESEXANDO VER CANTAS ACERTAN!!
Recibirán un agasallo por participar nesta proposta!!


.jpeg)




.jpeg)












No hay comentarios:
Publicar un comentario