viernes, 20 de febrero de 2026

ESTRELAS DE MAR

Hoxe Nerea trouxo á escola para ensinar aos seus compañeiros, dúas pequenas estrelas de mar.

Estivo explicándonos que atopounas a súa avoa cando recollía mexillóns.

Como os venres realizamos as actividades escolares en Leiro, tamén quixo que @s nen@s desta aula as viran.

Como curiosidade destes animais mariños, estivemos contando que teñen a capacidade de rexenerar as súas extremidades cando as perden. Non é só que cicatricen, senón que reconstrúen por completo a estrutura funcional delas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario