martes, 21 de octubre de 2014

Contos de Medo.Rodribico e a noite

 Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Vive nunha inmensa árbore, con grandes polas......
 Unha noite que non podía durmir decidiu dar un paseo e descubriu que hai animais que nunca dormen pola noite. Sen pensalo máis, convenceuse " MEDO" quen dixo medo? E botouse a andar.De súpeto viu algo eran moitas luces todas pequenas parecían estrelas ¿ Que raio serán esas luceciñas ?,preguntouse, e unha voz díxolle esas fermosas luces chàmanse vagalumes. Rodribico non sabía que pola noite había animais que non durmían, como o Señor moucho, os lobos que xogaban ás cartas á media noite, o gato bravo que bailaba a samba cun rato.
Alegrouse tanto cando descubriu que non lle tiña medo á noite, Rodribico sentiu sono e foi para o seu niño, entón as luces das estrelas e o chis chis das árbores fórono arrolando, arrolando ata que quedou durmidiño, durmidiño como os morcegos, e asi seguiu.......ata que o galo cantou , kikirikí.

lunes, 20 de octubre de 2014

Preparando O Samaín

 O día 30 celebramos a FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN 2014.
 Estos días na escola empezamos a traballar os contosde medo.
" Corre Corre Cabaciña "  " O Tío Lobo " A Bruxa Regañadentes "..............
Tamén disfrutamos cos disfraces de vampiros , lobos, bruxas.............

viernes, 17 de octubre de 2014

Animais do Amazonas

 O noso recuncho da temática do Amazonas sigue aumentando, Alvaro nos trouxo información dos animais que alí viven.
Héctor e David o fin de semana axudan a súa mamá no coidados e alimentación dunha cría de papagaio, que ten un bonito plumaxe e alegran moito o ambiente co seu trinar, estas aves atópanse en perigo de extinción no Amazonas debido a caza, os furtivos e tamén a deforestación da selva.

 Xeila trouxo unha tartaruga acuática, pertece a familia dos reptiles de sangre fría , poñen ovos e respiran aire, as tartarugas son animais que se remontan a máis de 180 millóns de anos, necesitan coidados para o seu desarrollo e ter o caparazón en bo estado.
Por eso Félix na súa carta nos manda que temos que coidar e respetar os animais e ser responsables con eles.

Xogos de psicomotricidad



Tódolos mércores temos as clases coa profe Araceli de PSICOMOTRICIDAD , cando chove e non podemos ir o pabellón realizamos os xogos na zona do local social.

martes, 14 de octubre de 2014

AGAPORNI

 Hoxe Héctor e David trouxeron a Puchi.
 É un agaporni de cola corta e de gran colorido, a cabeza de cor laranxa.
Aliméntase de froitas, xemas e sementes.
Grazas A familia pola colaboración.

Mono Tití


miércoles, 8 de octubre de 2014

Mono Tití

Hoxe no obradoiro de cociña merendamos un mono tití.
 Os maiores xa son expertos untando a crema de cacao.
Aproveitando que Félix está na selva Amazónica, preparamos unha deliciosa merenda.
 Os pequenos de tres anos tamén disfrutaron moito facendo o mono tití.

 Ben sentadiños saboreamos a nosa receita

Que aproveche, e nas seguintes semanas seguiremos elaborando máis receitas da Selva Amazónica.