martes, 21 de octubre de 2014

Contos de Medo.Rodribico e a noite

 Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Vive nunha inmensa árbore, con grandes polas......
 Unha noite que non podía durmir decidiu dar un paseo e descubriu que hai animais que nunca dormen pola noite. Sen pensalo máis, convenceuse " MEDO" quen dixo medo? E botouse a andar.De súpeto viu algo eran moitas luces todas pequenas parecían estrelas ¿ Que raio serán esas luceciñas ?,preguntouse, e unha voz díxolle esas fermosas luces chàmanse vagalumes. Rodribico non sabía que pola noite había animais que non durmían, como o Señor moucho, os lobos que xogaban ás cartas á media noite, o gato bravo que bailaba a samba cun rato.
Alegrouse tanto cando descubriu que non lle tiña medo á noite, Rodribico sentiu sono e foi para o seu niño, entón as luces das estrelas e o chis chis das árbores fórono arrolando, arrolando ata que quedou durmidiño, durmidiño como os morcegos, e asi seguiu.......ata que o galo cantou , kikirikí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario