sábado, 25 de octubre de 2014

A cobaia de Lía e os periquitos de Jacobo

 Esta é Rosalía a mascota de Lía, este xoves todos lle queríamos tocar, pero estaba moi asustadiña.
 Agachábase entre o heno para pasar desapercibida, esta cobaia é moi bonita pero non se deixaba acariciar moito o corpo está cuberto de pelo de varias cores para manter a temperatura e non pasar frío.
 Nos países latinoamericanos de Bolivia,Ecuador e Perú son considerados animais de granxa e aproveitam a carne. Na maioría dos outros países as cobaias son animais de compañía.
 Estos simpáticos roedores son tamén coñecidos como "Coello de Indias ". todos queríamos darlle de comer a súa ración de pepino.
Tamén Jacobo nos trouxo a súa parella de lindos periquitos, teñen o piteiro curvado e son fáciles de domesticar, a femia chamase Melody e o macho Raio, son tan intelixentes como os loros.
Estas aves están moi difundidas como mascotas, xa que con estímulos podense adestrar para xogar coa xente que os coida diariamente, teñen un colorido moi bonito .
Grazas as familias pola colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario