miércoles, 10 de diciembre de 2014

Decorando a nosa árbore

Pouco a pouco a nosa árbore xa está rematada, unha vez que secóu a témpera, pásamola a un tarro.
 Cada neno colocaba a súa boliña de nadal que decoramos na aula.
 Ramiro fixo na súa casa dúas bolas moi elaboradas de pasta de cor dorada.
 A Joel lle gusta moito a nosa árbore de carballo convertido en árbore de nadal.
 E así de bonitiño nos quedóu na aula.



martes, 2 de diciembre de 2014

Árbore de Nadal

Xa estamos no mes de Nadal, estos días estamos decorando a nosa aula.
 Coas nosas manciñas estamos pintando de témpera branca un bonito árbore de Nadal.
 Pronto estará rematado e xa veredes que bonitiño nos queda cheo de adornos e postais de Nadal.

 Todos xuntos moi amodiño fomos pintando as polas con moito tino.
Os máis pequenos tamén disfrutaron con esta actividade.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Bolboreta Caimán

Na selva Amazónica atópanse moitas especies de bolboretas, unha das máis coñecidas é a bolboreta Caimán ( Fulgora Lanternaria ) máis coñecida como Machaca. Vive nas zonas boscosas de máis humidade do centro da selva e alimentase da savia de moitas plantas.
 Esta bolboreta ten a forma da cabeza abombada, parece un cacahuete e asemella a un caimán, nas ás posteriores presenta uns grandes ollos falsos, para defenderse dos enemigos expulsa un cheiro forte desplega as ás e levanta a cabeza.
 Hoxe no obradoiro de cociña preparamos unha riquísima bolboreta.
 O que maís nos custaba era colocar a rebanda de pan en forma de ás.
 Para construir as dúas formas de triángulo e no medio situar o corpo alargado.
 Hay quen coméu varias bolboretas do exquisitas que estaban.

viernes, 14 de noviembre de 2014

Cantiga. Tradición Oral

Na tradición cultural galega os muiños estaban moi relacionados coa natureza, e tiveron gran importancia na vida cotidiá dos diferentes lugares de Galicia, isto deu lugar o xurdimento dunha serie de adiviñas,cantigas, contos e refráns que facían mención os muiños, e tamén as labores que neles se desenvolvían.

 Hoxe nos divertimos cunha CANTIGA popular de xogo de roda.
 Que dí así. ---VIRA VIRA
                        MOE  MOE
                        COMO A PEDRA
                        DO MUIÑO
                        DA FARIÑA
                        IRA SALINDO
                        PAN DE BROA
                        TRIGO E MILLO.

                       
E o decir millo todos nos sentamos no chan e ó último en sentar queda dentro da roda.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Tradición Oral

 O mes de Novembro está adicado a Tradición Oral, tódolos días nas rutinas traballamos ditos e refráns.
 A Través dos contos tradicionais, adiviñas e trabalinguas exercitamos a memoria e transmitimos o que aprendemos pola fala, recitando e cantando as cantigas de roda que se ían transmitindo de boca en boca, de pais a fillos, e de fillos a netos.
Hay moitos xogos tradicionais na literatura oral popular. Xogos infantís de roda, os nenos xogan collidos da man e xiran mentras cantan.. outros xogos en fila uns detrás doutros a pasemisí, pasemisá......

miércoles, 12 de noviembre de 2014

lunes, 10 de noviembre de 2014

A miña árbore do Outono

 Hoxe no taller de plástica recordamos en que estación do ano estamos.
 Observamos os cambios na natureza, as árbores quedan sin follas, o vento sopla moi forte.
E coa palma da man fixemos unha árbore que non tiña follas, os dedos son as ramas que decoramos coas témperas de cores.

 Amarelo, verde, laranxa e marrón.
 Así foi pouco a pouco debuxamos os nosas árbores.
 E mesturando as cores queda moi bonito.
 Con todas as nosas árbores disfrutaremos dunha exposición colectiva.