viernes, 20 de marzo de 2026

FEIXOA

Hoxe non choveu, como o venres pasado, e puidemos plantar unha árbore en homenaxe a Wangari.



Estamos desexando que a nosa feixoa medre e de froitos para poder degustalos. 

HOXE COMEZA A PRIMAVERA!!

Estamos tod@s moi contentos, xa que hoxe as 15:46 do mediodía empeza a primavera.

Nós, na aula de Sisán, xa quitamos a neve do inverno e vestimos a nosa árbore das estacións con follas e flores. 




miércoles, 18 de marzo de 2026

FLORES

Como este venres 20 de marzo comeza a primavera, a receita de esta semana son flores feitas con amorodos, kiwi e queixo.

martes, 17 de marzo de 2026

OUTRA RECEITA QUE FAN NA CASA

A familia de Ámbar enviounos, ao noso correo electrónico, unhas fotos da súa nena elaborando a receita do barco.


QUE RICA MERENDA!!

COCIÑANDO COS AVÓS

A nai de Alma, enviounos ao correo da escola unhas fotos da súa filla facendo unha tortilla e un biscoito cos avós.

SEGURO QUE TODO ESTABA RIQUÍSIMO!!

REFUXIOS PARA MORCEGOS

Na aula de Sisán estivemos mirando que saíu unha noticia, no Diario de Arousa, de que ían poñer refuxios para morcegos en Ribadumia. Esta iniciativa foi impulsada pola Asociación Ideas de Bombeiro en colaboración co Concello.


En principio, este pasado sábado 14 de marzo, procedeuse á colocación das primeiras sete caixas-refuxio coas que se quere dar comezo a un proxecto máis amplo que contempla a instalación de 59 ao largo de 3,3 km.

Este corredoiro ecolóxico, irá dende a rotonda de Os Castaños ao entorno do río Umia con un total de 13 puntos de instalación nos que se distribuirán grupos de entre tres e sete caixas.

Nós, estivemos mirando na pantalla dixital que hai moitos tipos de morcegos, pero que todos teñen algo en común que é que son esenciais para o medio ambiente xa que actúan como controladores naturais de pragas de insectos, polarizadores e dispersores de sementes.

Se algunha das nosas familias se anima a facer este percorrido para ver os refuxios con seus/súas fill@s, gustaríanos que enviaran algunhas fotos ao correo da escola para observalos na aula.