lunes, 9 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O domingo, 8 de marzo, foi o día da Muller Traballadora.

Esta semana estamos facendo algunhas actividades para celebrar esta data dedicada a conmemorar a loita das mulleres pola igualdade de dereitos, a súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento integro como persoas.

Na aula de Sisán falamos de que, independentemente de que sexamos nenos ou nenas, temos que respectarnos, compartir tarefas e ter todos as mesmas oportunidades.

A continuación miramos na pantalla dixital o conto “Wangari y los árboles de la paz, que narra a verdadeira historia desta muller kenyana que ao ver o seu país deforestado, iniciou unha misión para plantar árbores mobilizando ás mulleres e enfrontándose á oposición do goberno. Por todo este labor que levou a cabo, recibiu o Premio Nobel da Paz.

Despois @s alumn@s escribiron o título deste conto e debuxaron a Wangari.



QUE BEN O FIXERON!!

E o venres que imos a Leiro, se o tempo o permite, plantaremos no xardín unha árbore en homenaxe a esta muller tan valente e loitadora.


No hay comentarios:

Publicar un comentario