miércoles, 27 de febrero de 2013

Rolo vexetal

 Coas leitugas do invernadoiro que plantamos en Leiro, fixemos un rolo vexetal para merendar.
 Entre todos fomos lavando as follas da leituga, para despois cortalas en cachiños.
 Para facer o rolo é moi doado sobre unha base de biscoito, engadimos queixo de untar, xamón cocido, atún, queixo en lonchas e leituga ben cortadiña, que fomos cortando cada neno.



 
Mirade que rolo máis saudable.
Con moito coidado enrolamos o biscoito para non rompelo, e deixámolo envolto nun film ata a hora da merenda.
Todos xuntos merendamos, algúns quitaban atún, outros xamón... pero algúns nenos gustóulles moito e repetiron outra vez.
Unha receita moi saudable para probar na casa.

martes, 26 de febrero de 2013

Ratón que te pilla el gato

 O noso xogo favorito a hora do recreo é xogar a---" RATÓN QUE TE PILLA EL GATO---"
 Entre todos os nenos se sortea quen será - o rato-  e quen será - o gato-, os demáis participantes forman un corro coas mans unidas e os brazos extendidos e levantados para deixar a entrada e salida de o rato e o gato .
Todos os nenos cantamos-" RATÓN, QUE TE PILLA EL GATO,
                                             RATÓN QUE TE VA A PILLAR,
                                             SI NO TE PILLA ESTA NOCHE
                                             MAÑANA TE HA DE PILLAR. "

Refrán de Febreiro

Este mes de febreiro traballamos os refráns do tempo.

sábado, 23 de febrero de 2013

Cumpreanos de Febreiro

 Este mes de Febreiro, Gustavo cumpríu 4 anos.
 E tocóulle preparar unha deliciosa tarta de galletas con chocolate.

 Xa somos expertos reposteros elaborando tartas, coa axuda dos maiores, que sempre están dispostos a colaborar.
 Despois da última capa de chocolate, vamos a decorala con lacasitos e fresas.
 Encendemos as 4 candeas, e todos cantamos" CUMPREANOS FELIZ ".
 Agora toca soplar.....máis forte Gustavo que non se apagan..
E agora todos xuntos vamos a merendar esta exquisita tarta.

Parabéns para ti Gustavo.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Recreos soleados

 Despois de tantos días de choiva, que houbo durante o curso, hoxe aproveitamos para xogar cos amigos.

Vamos a xogar o lobo que tanto nos gusta.
En moto por Sisán.

Sacamos os carritos para dar un paseo cos bonecos o sol.




Que bonito estaba o noso xardín coas primeiras margaridas de febreiro,

domingo, 17 de febrero de 2013

Bandeira de Kenya

Félix sigue a súa aventura por Africa, estos días buscamos información sobre a súa bandeira.
 

 A historia da bandeira de Kenya é negro sobre vermello da bandeira verde da KANU ( partido político que luchóu pola libertade e a independencia de KENYA ).

Máis tarde engadíronse as franxas brancas que simbolizan a PAZ -- A UNIDAD-- E O ESCUDO DOS MASAIS, que son as tribus que viven en Kenya.

lunes, 11 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

O Venres celebramos a festa do Entroido en Leiro
 No local social nos reunimos todos os nenos das escolas para cantar xuntos.
 Os nenos de Sisán nos disfrazamos de cebras, os de Ribadumia de fotógrafos de safari.
 Os nenos de Leiro de guepardos, e os de Lois de leóns.
Durante o percorrido polo entorno de LEIRO  foi un éxito, tivemos un tempo estupendo.
Disfrutamos dunha merenda exquisita, filloas, orellas, buñuelos, biscoito de chocolate......
 Grazas as familias pola colaboración na festa do Entroido.
Houbo tempo para xogar co profe Rafa todos xuntos co paracaídas.

Cantamos co profe Felipe a canción africana......O LELÉ.Aquí estamos disfrazados de cebra coa profe Ana.
Disfrutamos moito neste día de Entroido na sede en LEIRO, con todos os compañeiros do CRA.

jueves, 7 de febrero de 2013

Xoves bigote pintado

 Hoxe a orde DO MECO era un bigote pintado.
 Había bigotes de gato, de ratiña, de pirata......
O mellor de todo é que ben o pasamos nestes días de entroido.