jueves, 30 de abril de 2026

FESTA DOS MAIOS

Hoxe celebramos a festa dos Maios.

As familias trouxeron fiúncho, flores, ovos baleiros, laranxas…para facelo.

Durante a primeira parte da mañá realizamos moitas actividades: cadenetas de pampullos e ovos para decorar o Maio, xogos populares (de sacos, limbo, bolos, de encestar, equilibrio...), Imannix (construcións con pezas xeométricas magnéticas) e vimos contos na pantalla dixital.








Para repoñer forzas merendamos riquísimos doces que trouxeron as familias.


A continuación recibimos a visita de Bea e Ali de “Inventi teatro”, que viñeron a escenificar contos como “Xaime e as landras”, “O coelliño branco”, “A eiruga larpeira” e “Polo camiño”.




CANTO RIMOS CON ELAS!!

Para rematar cantamos e bailamos a redor do Maio acompañados de pais/nais, avós/avoas, tíos/tías…




QUE BEN O PASAMOS!!

miércoles, 29 de abril de 2026

LIBÉLULA

A receita desta de esta semana é unha libélula ou cabaliño do demo. 

ANIVERSARIO ALMA

Hoxe estamos moi contentos xa que a nosa alumna Alma esta de aniversario e cumpre 5 anos.


PARABÉNS ALMA!!

martes, 28 de abril de 2026

ADIVIÑAS DE CONTOS

Xa rematamos o noso libriño de “Adiviñas de contos” que comezamos con motivo do “Día do Libro”.
















Se queredes xogar, primeiro tedes que ler a adiviña e pensar a resposta. Despois premer sobre ela co ratón para ver se é correcta a resposta.

ANIMÁDEVOS!!

jueves, 23 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o día do Libro.

Na aula de Sisán estivemos falando do marabillosos que son os contos, xa que permiten viaxar, aprender e usar a imaxinación sen movernos da escola ou da casa.

Na aula de Sisán estamos preparando un libro de adiviñas de contos…

Cando o teñamos rematado colgarémolo no blog para que o poidades ver.

Temos que dar as GRAZAS a nosa ANPA por agasallar, neste día, a cada un d@s nos@s alumn@s cun conto e ao CRA con algúns para a biblioteca.





Para que non houbera pelexas, todos eran iguais.

miércoles, 22 de abril de 2026

ARCO DA VELLA

Esta semana a nosa receita é un arco da vella de froitas.

Ese fenómeno meteorolóxico consiste nunha “ponte” máxica de cores, que aparece cando o sol brilla mentres chove. Fórmase debido a que a luz do sol atravesa as gotiñas de auga no aire, que actúan como pequenos espellos separando a luz branca en sete cores: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul anil e violeta.

Podedes utilizar outras froitas para facelo.

domingo, 19 de abril de 2026

jueves, 16 de abril de 2026

SAÍDA A APÍPOLIS

Hoxe, xoves 16 de abril, tivemos unha saída escolar a Apípolis.

Trátase dun centro para a Comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que esta encadrado dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental. E o que pretende é facilitar o achegamento a determinados procesos naturais, posibilitando que os visitantes poidan vincular as súas vivencias cotiás a eles, así como ás problemáticas que lles afectan.

Durante a mañá o noso alumnado realizou moitas actividades:

Entraron na sala de exposición sobre as abellas onde descubriron á reina, as obreiras e os zánganos. Tamén viron carteis que ensinaban como recollen o polen e o nectar, como fabrican a cera. Escoitaron o rumbar da colonia...

Puxeron os traxes de apicultores e visitaron o apiario, onde os monitores abriron unha colmea para poder vela por dentro.

Fixeron galletas de mel.

Despois de repasar os produtos que dan as abellas, realizaron a extracción do mel, probárono e fixeron unha vela. 








QUE BEN O PASAMOS E CANTAS ACTIVIDADES FIXEMOS!!