jueves, 27 de octubre de 2016

PREPARANDO O SAMAÍN

 Na nosa aula xa se respira a festa do SAMAÍN, que mañan celebramos en Leiro.
 Pintamos moitas cabazas, e arañas.
 Hugo nos truxo unha cabaza con telearaña incluída.
 Andrés decoróu  unha cabaza de pokémon.

 Na hora do recreo xogamos a canción dos esqueletos.



Non esqueceros mañan das castañas para asar..... .....

domingo, 23 de octubre de 2016

Malvados e Malvadas

Pronto chega a FESTA DO SAMAÍN e na escola cada día coñecemos máis os  malos e malas dos contos que tanto nos gustan..e  fixemos unha selección entre todos para ler cada día un contiño e facer un comentario.
                               " O CAPITÁN GARFIO", " A CABRA CABRESA".
                                " CRUELA DE VIL ", " ÚRSULA ".
                                " O TÍO LOBO ", " O OGRO ".
                                " A BRUXA REGAÑADENTES " " A MADRASTA ".

sábado, 22 de octubre de 2016

Andaina







O venres antes do recreo xunto cos nenos de Leiro, nos apuntamos como as ESCOLAS DA MILLA, que utilizan o entorno escolar para mellorar a salud física, emocional e social dos nenos.Esta actividade faise o aire libre e non necesita nada especial, solo camiñar e recorrer o camiño a pé como Zapatocas.

martes, 18 de octubre de 2016

Visita O Porto,O Museo de Salazón e Acuario do Grove.

 O luns con moita ilusión tomamos rumbo o Porto Meloxo do Grove.

Alí os monitores nos explicaron todo referente as técnicas de pesca nas nosas rías, as redes, as nasas....
Un mariñeiro chegado a terra nos ensinou un pulpo acabado de pescar.


 Máis tarde nos diriximos o Museo de Salazón, para ver as antigas fábricas de salgadura, situado en Punta Moreiras.
 Alí observamos donde salgaban as sardiñas e nos explicaron que eran as mulleres quen facía o proceso de salazón.



 Todos estamos dispostos a ir de pesca pola nosa ría.
 Tamén no museo había diferentes coleccións de pesca, e motores mariños.

 Un sinfín de cunchas de navallas, mexilón, ameixa,.....
 E os materiales que se realizaban para mariscar.
 Os antigos motores mariños.


 Tamén había unha exposición das colareiras do Grove.

E para merendar e degustar os alimentos do mar, nos prepararon unha riquísima merenda mariñeira, a base de eses produtos.




 Despois da merenda se sortearon 3 camisetas -" Do sabor da aventura ". e nos obsequiaron a todo@s cunha visera , a continuación nos esperaban no acuario.
 Para ver os diferentes peixes que alí se atopan.
 Pudemos observar a boca dun tiburón, a gran escala.

 As raias nadaban a gran velocidade.

Coa visita o Acuario coñecemos o valor ecolóxico das riquezas naturais das nosas rías, e a importancia de non contaminar o fondo do mar con restos de lixo para que as especies mariñas poidan vivir para conservar a especie, sargo, maragotas, sardiñas,polbos, raias,fanecas, xurelos,moluscos e crustáceos.