lunes, 29 de septiembre de 2014

Mural do Outono







Xa rematamos o noso mural do outono, as follas das arbores cambian de tono, castaño e amarelo, os días son máis cortos, e o temperatura vai cambiando, e as aves migratorias pronto marcharán os países máis cálidos, para voltar en primavera. Esta estación do ano remata o 22 de Nadal, que comeza O Inverno. Estamos en época de vendimas e de recoletar as cosechas dos campos.

viernes, 26 de septiembre de 2014

CUMPLEANOS DE SETEMBRO

O mércores celebramos os cumpleanos do mes de setembro.
 Foi unha festa múltiple, tivemos un cumple de cada idade, Lía tiña moita ilusión xa que era a súa 1º tarta que facía.
 E os maiores con moita experiencia fixeron unha tarta deliciosa.
Arturo e Xeila cumpliron 5 anos.
 Iago cumplíu 5 anos en agosto e Lucía en setembro.
 Iris tamén cumplíu 5 anos e lle axudaba a Brais na súa elaboración.

 Entre pequenos e maiores celebramos este cumpleanos múltipl





                               PARABÉNS   para todos......e a soplar as candeas.


Repartimos os platos e ben sentadiños a disfrutar da festa e como sempre a tarta estaba deliciosa.

martes, 23 de septiembre de 2014

Félix o Explorador

 Hoxe estivemos contando os máis pequenos o conto de " Félix El Explorador".
 Félix é a lebre de peluche de Sofía que perdéu no aeroporto, e viaxa por diferentes países.
 E lle escribe cartas a Sofía para contarlle como é o país donde se atopa.


 Os maiores estivemos recordando os nomes da familia de Sofía, mamá, papá, Julio, Nicolás y Lena.

lunes, 22 de septiembre de 2014

Xogos no patio




Hoxe por fin saímos o patio, coas ganas que tiñamos de xogar cos compañeiros,aos xogos populares, que ben o pasamos xogando a - PASEMISÍ--PASEMISÁ-- a ver si o sol solito se queda entre nós unha temporada.

martes, 16 de septiembre de 2014

Período de adaptación





Este curso contamos con 4 compañeiros novos de 3 anos en período de adaptación, Andrés, Lía, Mateo e Xoel, pasados os primeiros días de nervios e emocións, cada día vamos o cole con máis ganas de xogar e aprender.

lunes, 15 de septiembre de 2014