viernes, 28 de junio de 2013

Festa fin de curso 2012-2013

O venres 21 celebramos A FESTA FIN DE CURSO, no pabillón de Sisán, comenzamos as actividades cos patinetes de 1 en 1 non vale adiantar.

Despois co profe Felipe xogamos todos co paracaídas, arriba- abaixo, e tamén botamos pelotas de espuma no paracaídas e había que movelo para que saíran fora.
Tamén se cambiaban os nenos que estaban un fronte do outro.
Coa profe Ana xogamos o xogo da cadeira, había que xogar dando voltas aos aros mentres soa o pandeiro,e entrar nun cadrado de espuma, e atopar sitio.
E o profe Rafa tiñanos unha sorpresa un castelo inchable que nos encantóu.
 E por último fomos coa profe Rocío o xogo dos zancos, era moi divertido pero non había que caer dos zancos dende a saída ata a meta.
E de tanta actividade entrounos a ganas de merendar, que comida máis rica empanada, filloas, patatas,pizzas, biscoitos, tartas, cereixas, todo estaba riquísimo....gracias as familias pola vosa colaboración.
E despois de repoñer forzas voltamos o pabellón para ver as actuacións..

Os nenos da escola de Leiro, fixeron unha representación do LOBO FEROZ.
Os nenos de Ribadumia 3, 4 anos cantaron a canción de CHIM PUM .
Os nenos da escola de Sisán aproveitando que Félix estuvo en Kenia, cantaron JAMBO JAMBO BWANA.

 Os nenos de Lois fixeron varias representacións de Cartas de Félix.
Os nenos de Ribadumia 4 ,5 anos representaron a obra de teatro O pastor mentireiro.
 E por último a despedida ao profe Rafa, cunha canción e un abrazo moi forte.
  ! FELICES VACACIÓNS !

jueves, 20 de junio de 2013

Despedida do profe Rafa

Como xa sabedes o próximo curso o profe Rafa xa non está con nós, e os nenos da escola de Sisán quixemos darlle unha sorpresa de despedida, preparando un partido de baloncesto no pabellón. E todos lle cantamos .." É un profe estupendo..".. e así de contentos posamos na foto.

O MUNDO DOS SOÑOS

Exposición dos nosos debuxos que hoxe levamos para casa,  como Salvador Dalí fixemos unha mostra das nosas obras.

REFRÁN DE XUÑO


JAMBO BWANA




Hoxe fomos o pabellón para ensaiar o baile da festa de fin de curso-  JAMBO  BWANA--


 --JAMBO BWANA--  




Clicade aquí para ensaiar na casa.

martes, 18 de junio de 2013

El sueño de Dalí

 El sueño é un cadro de Dalí, pintado en 1937, trátase dun tema moi fascinante para os surrealistas, como é o MUNDO DOS SOÑOS.
Por eso Salvador Dalí pintaba os soños. E así tamén pintamos os nosos soños.
 Albert soñaba que era primavera e había moitas flores de colores.
 Adriana soñaba que vivía nun castelo.
 Carmela soñóu que estaba cunha fada no bosque.
Claudia soñaba que estaba coa súa amiga Corín.
Manuel soñóu que estaba xogando coa súa amiga Paula o pilla-pilla.
 Daniel soñaba que estaba na casa con papá, mamá e Miguel.
 Xeila soñaba que iba de paseo polo monte.
Jorge soñóu que estaba na praia xogando coas olas.

viernes, 14 de junio de 2013

Cumpreanos de xuño

 O xoves celebramos os cumpreanos de Carmela e Daniel, xa estaban deseando facer a súa tarta, como expertos reposteros foron cubrindo as capas de galletas con riquísimo chocolate.


 Para decorala con moitos amorodos e gominolas.
 Moitas felicidades" Carmela " e a soplar as 5 candeas.
 Moitas Felicidades "Daniel " e a soplar tamén as 5 candeas.
 Que rica estaba esta tarta, houbo quen repite dúas veces.
 A hora a disfrutar desta festa tan especial.
PARABÉNS CARMELA E DANIEL.

jueves, 13 de junio de 2013

Recreos con sol

 Este curso os recreos con sol foron contados, por eso o día que brilla saímos cos nosos amigos a xogar e a correr polo patio.

martes, 11 de junio de 2013

Preparando a festa de fin de curso



Estos días estamos traballando con moitas ganas e ilusión os abalorios para levar o día da festa de fin de curso, que se vai a celebrar no pabellón de Sisán.

miércoles, 5 de junio de 2013

Dalí e os chupa chups

 Hoxe Albert truxo a clase unha camiseta co logo do chupa chups, facendo alusión a FESTA DO VIÑO TINTO. Grazas Albert.
Salvador Dalí foi quen deseñóu o logo destes ricos caramelos, que tanto nos gustan.