miércoles, 28 de octubre de 2015

Nos disfrazamos de bruxas e bruxos.














Nos preparamos para a festa do Samaín que o xoves se celebra en Leiro, levamos todo o mes de outubro traballando o proxecto DAS BRUXAS e os contos nos que aparecen diferentes bruxas.

¿ Que merendamos hoxe ?

 ¿  Que merendamos hoxe '?, a semana pasada preparamos a Bruno o gato da bruxa Brunilda.
  
 E hoxe para merendar preparamos unha deliciosa bruxa,.
 Cada neno trouxo madalenas para a cara, e para o gorro lle colocamos un cucurucho de barquillo.

 Pero canto traballiño para poñerlle os pelos a Brunilda, algúns se resistían pero con paciencia quedaron perfectos.
 Para os ollos lle colocamos cereais de chocolate e para o nariz e a boca cacahuetes.
 No pelo lle colocamos tiras de patatas.
 E así de apetecible nos quedóu a BRUXA BRUNILDA.

lunes, 26 de octubre de 2015

Samaín


Hoxe Andrés este fin de semana preparóu unha enorme cabaza para a festa do Samaín. Gracias as familias pola vosa colaboración.

As nosas Apócemas

Hoxe foron chegando diversas apócemas con moitos poderes, con alas de morcego, ollos de sapo e un fantasma para poder voar coma as bruxas.
 Outra con poderes para nadar ben, con ollo de polbo, aleta de xurelo, barba de cangrexo e cuncha de ostra .
 Para facernos invisible hay que poñer na pota ollos de sapo, pelo de can, peido de porco, barba de caracol e folla de parra.
 E para voar como as bruxas necesitamos ollos de cocodrilo, patas de rinoceronte, patas de arañas, corno de reno,cola de ratón, alas de morcego.
Que medo para convertirnos en zombi, na pota debemos botar ollos de culebra, ollos de león, patas de escorpión, dúas raias dunha cebra, e cola de ratón.
 Para saltar moito necesitamos ollo de saltamontes, nariz de can, rabo de ovella, pelo de gato e moco de can.
 E nos días de lúa chea apócema para convertirnos en home lobo, os ingredentes son. lengua de lagarto, orella de cerdo,nariz de rinoceronte, corno de vaca, patas de raposo, morcego medianeiro e ollo de home vello..
Con todos os nosos traballos serán expostos en Leiro  o día da festa do Samaín.

sábado, 24 de octubre de 2015

Cumpleanos de Outubro.

 O mércores celebramos o cumpleanos de Alvaro, que xa cumplíu 5 anos.
 Preparóunos unha tarta deliciosa para merendar .
 Como un experto repostero cubreu as galletas de chocolate.
E por riba un toque final de mandarinas e fideos de caramelo.
                                  ¡   PARABÉNS    ALVARO  ¡
                                  E a soplar as 5 candeas.

  A tarta estaba riquísima, e entre todos disfrutamos desta festa de cumpleanos. PARABÉNS PARA TI . ALVARO.

jueves, 22 de octubre de 2015

Levamos as bruxas

 Xa levamos para casa as nosas bruxas.
 Outubro é o mes das bruxas¡¡¡¡  .......
 Ollos de sapo¡¡¡ .....patas de rá¡¡¡¡cola de gusano¡¡¡¡  alas de morcego....
Exposición na aula das distintas bruxas .

martes, 20 de octubre de 2015

Mural das Bruxas

 Estos días estamos traballando o tema das bruxas xa que a festa do Samaín 2015 fai referencia a elas.
 Cada neno foi pintando e decorando en forma de collage. Para facer o mural da clase.
 Había bruxas boas, traviesas, e outras malísimas....como a bruxa regañadentes.
E entre todos fixemos o mural das bruxas.

miércoles, 14 de octubre de 2015

O GATO BRUNO

 Hoxe no taller de cociña preparamos para merendar o gato da bruxa Brunilda.
Coas tortiñas untamolas de crema de cacao para facer a cara, con moito coidadiño para non rompelas.
 Con dúas uvas verdes fixemos os olliños e o nariz cunha uva vermella.
 E para os bigotes con pauciños de pan e a boca tamén.

 Estaba delicioso este gatiño da bruxa Brunilda, algúns nenos repetiron do riquísimo que estaba.

 Moito disfrutamos coas aventuras da bruxa Brunilda e o seu gatiño.
E na casa tamén podemos facer esta sencilla receta para merendar en familia.