lunes, 26 de octubre de 2015

As nosas Apócemas

Hoxe foron chegando diversas apócemas con moitos poderes, con alas de morcego, ollos de sapo e un fantasma para poder voar coma as bruxas.
 Outra con poderes para nadar ben, con ollo de polbo, aleta de xurelo, barba de cangrexo e cuncha de ostra .
 Para facernos invisible hay que poñer na pota ollos de sapo, pelo de can, peido de porco, barba de caracol e folla de parra.
 E para voar como as bruxas necesitamos ollos de cocodrilo, patas de rinoceronte, patas de arañas, corno de reno,cola de ratón, alas de morcego.
Que medo para convertirnos en zombi, na pota debemos botar ollos de culebra, ollos de león, patas de escorpión, dúas raias dunha cebra, e cola de ratón.
 Para saltar moito necesitamos ollo de saltamontes, nariz de can, rabo de ovella, pelo de gato e moco de can.
 E nos días de lúa chea apócema para convertirnos en home lobo, os ingredentes son. lengua de lagarto, orella de cerdo,nariz de rinoceronte, corno de vaca, patas de raposo, morcego medianeiro e ollo de home vello..
Con todos os nosos traballos serán expostos en Leiro  o día da festa do Samaín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario